O alcalde percorreu a obra de Francisco Mantecón na exposición Paixón e cálculo do MARCO
Abel Cabellero achegouse esta mañá ao Museo MARCO para gozar da exposición sobre o artista vigués Francisco Mantecón que permacerá aberta ata o próximo 31 de maio. Baixo o título, Paixón e cálculo, a mostra céntrase nas series de pinturas da etapa de madurez do deseñador, condidentes coas décadas dos oitenta e os noventa. <br />
O alcalde de Vigo achegouse esta mañá á planta baixa do Museo MARCO onde está instalada a exposición Paixón e cálculo do artista e deseñador vigués Francisco Mantecón. A mostra abre hoxe as súas portas ata o próximo 31 de maio.
Este proxecto expositivo, coproducido polo MARCO de Vigo e a Fundación Luis Seoane e comisariado por Ángel Cerviño e Alberto González-Alegre, preséntase como revisión dunha parte da traxectoria do artista e deseñador Francisco Mantecón (Vigo, 1948–2001). A selección de obras centra a súa atención nas series de pinturas da súa etapa de madurez, coincidente coas décadas dos oitenta e noventa. Unha vez clausurada en Vigo, a mostra viaxará á Fundación Luis Seoane (A Coruña), que coproduce a mostra, onde poderá visitarse a partir do mes de xuño de 2015.
O proxecto ‘Francisco Mantecón. Paixón e cálculo’ concibiuse como una dobre vía, expositiva e editorial. Así pois, co gallo desta mostra, a Editorial Galaxia —de quen Mantecón foi colaborador histórico— publica un libro do mesmo título, con textos de varios autores —Francisco Sampedro, Antonio Doñate & X. Carlos Hidalgo, Manolo Figueras, Vítor Mejuto, Roque Lazcano Vázquez, Mar Vicente, Manolo Moldes, ademais dos comisarios da exposición, e directores do MARCO e Fundación Luis Seoane— sobre a figura e traxectoria de Mantecón, imaxes das súas obras, e unha selección de citas do artista extraídas de entrevistas en prensa entre os anos 1976 e 1994.
Descargar todas as imaxes