O alcalde asegura que a recuperación do aeroporto é crucial para o emprego e a economía
Abel Cabellero amosou esta mañá a súa satisfacción pola senda de recuperación que está a experimentar o aeroporto de Vigo, que nestes momentos xa ten cubertas as conexións internacionais máis importantes con enlaces a Madrid, Barcelona, París e Londres, liñas ás que se suman todas as rutas transversais peninsulares. Así o explicou logo de asistir á presentación que Air Nostrum ofreceu ás axencias de viaxe dos vóos que opera a compañía desde Peinador.
O rexedor reiterou hoxe xoves a importancia da recuperación do aeroporto no futuro do emprego e da economía da cidade. Así llo trasladou aos medios durante a presentación que Air Nostrum realizou ás axencias de viaxe das rutas que ofrecerá desde Peinador. O concurso de promoción turística que se adxudicou a compañía supón, puntualizou o rexedor, ter cubertos todos os obxectivos estratéxicos que tiñamos trazados -excepto Frankfurt-, xa que se establecen conexións internacionais a través de Madrid, Barcelona, París e Londres. Ademais, tamén funcionarán todas as rutas transversais peninsulares, que se complementan coas que opera Volotea. Do mesmo xeito, engadiu, arrancarán en breve outros enlaces internacionais como Bruselas ou Roma.
O rexedor apuntou que o Concello vai "manter esta tensión de pontenciación do aeroporto" porque Vigo é o territorio que ten capacidade real de tráfico de pasaxeiros, e avanzou que confía en que se produzan novidades con novas compañías operando en Vigo a finais deste ano.
Descargar todas as imaxes
O rexedor apuntou que o Concello vai "manter esta tensión de pontenciación do aeroporto" porque Vigo é o territorio que ten capacidade real de tráfico de pasaxeiros, e avanzou que confía en que se produzan novidades con novas compañías operando en Vigo a finais deste ano.