Escoitar

O goberno local arranca as obras de mellora na Avenida Castrelos e do estadio de Balaídos

A Xunta de Goberno local aprobou os últimos trámites administrativos para comezar varias obras de humanizacións na cidade. Tal e como avanzou o rexedor, os traballos de mellora empezarán na parte final da Avenida de Castrelos, no estadio de Balaídos, en Ramón Nieto, rúa Pazos Entronque, avenida Hispanidad e Juan Ramón Jiménez.

mércores, 21 xan 2015
A goberno local iniciará de xeito inminente as humanizacións da Avenida de Castrelos, Ramón Nieto, rúa Pazos Entronque, Avenida Hispanidad, Juan Ramón Jiménez, así como as obras de consolidación estructural no Estadio de Balaídos. Segundo detallou, os traballos previstos na avenida Castrelos (entre Alcalde Portanet e Clara Campoamor) teñen un importe de 170.000 euros e un prazo de execución de 3 meses; a rúa Ramón Nieto (fronte ao Mercado de Cabral), ascende a 110.000 euros e o prazo de execución é de 4 meses; a rúa Pazos e Entronque (Praza de Peniche), 145.000 euros e 4 meses; avenida Hispanidad (entre Gran Vía e Zamora), con 120.000 euros e un prazo de execución de 3 meses; Juan Ramón Jiménez (entre Camelias e Menéndez Pelayo), cun importe de 490.000 euros e un prazo de 7 meses. Trátase, detallou, dun ascensor inclinado que, con 32 metros de percorrido, que permitirá salvar os 20 metros existentes entre Menéndez Pelayo e a Avenida das Camelias.

Segundo o alcalde, tras as escaleiras mecánicas da rúa II República, hai que seguir a traballar no Vigo vertical, destacando que a cidade ten unha "débeda histórica" cos veciños desta zona aos que esta infraestrutura lle vai supoñer un importante aforro de tempo. Explicou Caballero que o elevador contará con embarques en Menéndez Pelayo e na Avenida das Camelias, parando ademais a metade de camiño nuns locais próximos á avenida. A capacidade de carga será de 25 persoas, facendo posible o desprazamento de máis de 1.700 persoas por hora.

Respecto da remodelación de Balaídos, esta primeira fase supón un investimento de preto de 2 millóns de euros e un prazo de execución de 4 meses. A partir de aí, explicou o rexedor, asinaremos o convenio co Celta e, a continuación, coa Deputación, que achegará o mesma cantidade económica que o Concello. Posteriormente, engadiu, tamén se asinará coa Xunta quen se comprometeu a remodelar as pistas de atletismo. Deste xeito, a finais deste ano ou principios do que vén estarán rehabilitadas das gradas de Rio, Tribuna e Preferente e sobre todo, enfatizou, quedará consolidada a seguridade no estadio.