luns, 26 xaneiro 2015

O goberno local rehabilita o entorno das prazas da Princesa e Argüelles

luns, 26 xan 2015

O alcalde visitou este luns os traballos de mellora e reposición de espazos públicos no Casco Vello, unha reforma que supera os 262.000 euros e afecta ás prazas da Princesa e de Argüelles e ao seu entorno. A remodelación contempla tamén os locais e espazos soterrados entre Abeleira Menéndez e a Praza de Argüelles, cun tratamento homoxéneo das fachadas para integralos no conxunto da Porta do Sol.

O Concello, premiado por un proxecto de modernización, innovación e eficacia

luns, 26 xan 2015

O Concello de Vigo ven de ser galardoado co Premio Galicia 2015 polo proxecto Plataforma Xestión Global Cidade Intelixente, recoñecendo o traballo municipal en modernización e innovación así como na mellora da eficiencia da administración local e na prestación de servizos á cidadanía. Abel Caballero indicou que o proxecto municipal distinguido foi presentado en novembro durante as Xornadas de Vigo Smart Cities&Communities.