O goberno local salienta a relevancia de achegar a cultura á infancia na presentación de MuMo
MuMo é un museo móbil presente hoxe e mañá mércores fronte ao MARCO de Vigo, un proxecto didáctico con 14 obras de grandes artistas creadas específicamente para os escolares de entre 6 e 12 anos. O edil de Cultura, Cayetano Rodríguez, eloxiou a parada na cidade dunha iniciativa internacional que en España visita Barcelona, Zaragoza, Madrid, Valladolid e Vigo.