O alcade felicitou ao Rías Baixas por duplicar a participación para a II Liga de Natación Escolar Concello de Vigo<br />
Abel Caballero presentou hoxe mércores a segunda edición da Liga de Natación Escolar Concello de Vigo, que se desenvolverá en tres xornadas dominicais na piscina municipal do Carme (complexo das Travesas). Acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, dous representantes do C.N. Vigo Rías Baixas (Antonio Vázquez e Miguel Martínez) e tres de Foanpas (a súa presidenta, Dolores Fernández, Libertad Moscoso e Bertila Fernández), o rexedor felicitou á organización pola participación acadada.<br />
Con 29 centros educativos de primaria inscritos e 400 nadadores (157 promesa, benxamíns o resto), para o alcalde é unha "magnífica noticia que a Liga duplique participación dun ano a outro. Esta liga é unha forma de facer que a participación sexa global de todos os escolares de Vigo, sexan centros públicos ou concertados", afirmou o político, que considerou da "maior importancia" acadar os catro centos de mozos e mozas que "practican a natación, un deporte tan intenso e que sitúa tan ben a vontade e capacidade de competir, de adestrarse, de sacrificarse", sostivo.
Pola súa banda, Antonio Vázquez, directivo do Rías Baixas vigués, agradeceu o apoio do Concello, anunciou que o edil de Deportes quere preparar algunha sorpresa para o evento, aínda que non a desvelou, e asegurou que esta edición vai ser "un proxecto duro, con xornadas moi longas" ao contar cunha inscrición récord.
O sistema de competición é sinxelo. Tres xornadas (1 de febreiro, 8 de marzo e 26 de abril), colexio campión aos puntos e os nadadores, de idades comprendidas entre os 5 e os 12 anos, teñen que disputar dúas competicións mixtas en cada cita, os 25 metros libres (un longo) e os 25 costas.
A organización prevé premios para o tres primeiros centros de ensino e outro ao colexio que máis inscritos poña en xogo, con medallas para todos os participantes polo simple feito de competir. En 2014 impúxose o Martín Códax, que ademais se levou o trofeo ao colexio centro de ensino con maior nivel de participación.
Este domingo arrinca a competición (de 9 a 14:00 horas), coas promesas nadando en primeiro lugar. O Martín Códax aporta 59 nadadores, seguido do CEIP Alba (53) e do CEIP García Barbón (36).
Descargar todas as imaxes