Caballero prevé que a remodelación das gradas de Río, Preferencia e Tribuna rematen a finais de ano
O alcalde e o presidente do Celta asinaron esta mañá o convenio de colaboración para a remodelación do estadio de Balaídos, segundo o proxecto deseñado polo arquitecto Pedro de la Fuente. Tal e como apuntou o rexedor na posterior rolda de prensa, está previsto que a renovación das gradas de Río, Preferencia e Tribuna estén rematadas a finais de ano.
Abel Caballero e Carlos Mouriño rubricaron o marco que vai permitir a colaboración entre Concello e Celta para a remodelación de Balaídos, a infrestrutura deportiva máis representativa da cidade. Segundo o convenio asinado, o clube de fútbol contratará, executará e pagará obras recollidas dentro do Plan Director de remodelación e modernización do estadio. Tal e como se detallou, o clube comezará de xeito inmediato as melloras das gradas de Preferencia e Tribuna, que se achegarán catro metros e medio ao campo. Estas obras, así como as que xa empezaron en Río, son compatibles co desenvolvmento da actividade deportiva, reubicando aos afeccionados a outras zonas do estadio.
Segundo as previsións do rexedor, estes traballos estarán rematadas en xuño, momento no que arrancará a renovación da cuberta de Río -que non se pode realizar ata que remate a tempada- e que se ampliará para cubrir máis terreo de xogo. O sumatorio da reforma de Río, Preferencia e Tribuna oscilará, segundo o rexedor, entre os 12 ou os 14 millóns e estarán rematadas a finais deste mesmo ano.
Tal e como explicou Caballero, nestes momentos procederase a enviarlle á Deputación os proxectos constructivos para asinar a próxima semana con esta entidade o correspondente convenio de cooperación.
Descargar todas as imaxes