luns, 31 out 2005
O Concello de Vigo xunto con Aquialia, empresa concesionaria do abastecemento e saneamento, están a realizar actuacións no municipio tendentes a mellorar as redes destes servizos.
martes, 18 out 2005
O concelleiro José Manuel Iglesias visitou hoxe a parroquia de Zamáns para coñecer o estado das obras de saneamento que se están a acometer no rural do municipio. Estes traballos supoñen para Zamáns a ampliación da rede do Servizo Municipal de Augas, levándoa a máis de 240 vivendas.
martes, 6 set 2005
A alcaldesa, Corina Porro, visitou hoxe martes varios puntos de Vigo onde se están a executar obras para mellorar o aspecto da cidade. Estes traballos inclúen o empedrado de beirarrúas, a disposición de illas de reciclaxe e a colocación de farolas e de novo arborado.
luns, 18 xul 2005
Vigo opta aos fondos europeos do programa Interreg III-A a través de dous proxectos de colaboración transfronteiriza. O primeiro destes, desenvolto coa localidade de Chaves, consite na posta en marcha dun centro para a divulgación das enerxías limpas, no Zondal. No segundo, Vigo colabora con Monçao para recuperar espazos forestais periurbanos.
luns, 9 mai 2005
A alcaldesa, Corina Porro, comprobou hoxe luns o estado das obras que, dentro do proxecto Vigo 2005, se están a realizar na zona comprendida entre Montero Ríos e a Praza de Compostela. As actuacións de Vigo 2005 teñen por obxectivo humanizar e rehabilitar a cidade de cara á saída da Volvo Ocean Race, que se celebrará en novembro.
xoves, 14 abr 2005
As obras de ampliación e adecentamento das beirarrúas de ata 16 rúas do casco urbano da cidade terán un investimento de 1.803.968 euros, asumido totalmente pola Deputación de Pontevedra.
venres, 4 mar 2005
As obras de humanización das rúas do entorno á Alameda , que comezaron o pasado 21 de febreiro, estanse acometendo nestes momentos co levantamento do pavimento de beirarrúas e calzada das rúas Castelar e Pablo Morillo.
martes, 15 feb 2005
O Departamento de Vías e Obras levou a a cabo actuacións para reparar as beirarrúas do municipio por un importe de 245.000 euros. A superficie reparada é duns 4.650 metros cadrados. Agora están por rematar as obras en 1.030 metros cadrados, por un valor de 55.000 euros.
luns, 14 feb 2005
A finalidade da oficina de supervisión de proxectos e inspección técnica de obras é a de redactar informes técnicos dos proxectos, tanto de iniciativa pública como privada, que sexan de competencia municipal.
luns, 14 feb 2005
A Xunta de Goberno local celebrada hoxe luns deu luz verde á cesión por parte do Concello dunha vivenda de acollida para os inmigrantes mais desfavorecidos. A Xunta fixou tamén o calendario fiscal de 2005.