O alcalde anuncia que a humanización de Paulino Freire creará 23 aparcamentos e terá dobre dirección
Abel Caballero visitou hoxe luns as obras de mellora de Paulino Freire, en Bouzas, onde a humanización -que supón un investimento de 438.000 euros- creará 23 prazas de aparcamento e manterá a dobre dirección, en exclusiva para o transporte público en sentido baixada. Esta opción é posible grazas ao sistema de "semaforización preferente para autobuses", pionero en Vigo, que detecta a chegada dos mesmos e os semáforos permiten automáticamente o paso destes.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns que a humanización de Paulino Freire, en Bouzas, creará 23 aparcamentos e permitirá a dobre dirección de vehículos, co carril de baixada reservado para o transporte público.
Así o asegurou o rexedor vigués na súa visita ás obras de mellora da devandita rúa, na que o Concello de Vigo investirá 438.000 euros. A humanización ampliará beirarrúas en granito, renovará o pavimento e as redes de abastecemento, saneamento e o alumeado, ademais da dobre dirección e da creación dos 23 novos aparcamentos, para o que o goberno local fixo un "esforzo moi importante".
O alcalde asegurou que o sistema de "semaforización preferente para autobuses" a instalar nesta zona fará posible a creación dos aparcamentos que precisa o barrio e a dobre dirección demandada pola veciñanza. Este modelo detecta automáticamente a chegada dos autobuses e regula os semáforos para que prioricen aos "Vitrasa" sobre os vehículos privados en sentido ascendente.
Caballero afirmou que esta "boa idea" dá solución ás demandas do tráfico e da veciñanza na zona, un sistema que estase a utilizar en determinados puntos de Madrid. O paso dos autobuses alongarase durante 12 segundos, segundo indicou o alcalde.
O modelo de "semaforización preferente para autobuses" terá a súa primeira experiencia en Vigo en Bouzas, pero o alcalde xa adiantou a súa intención de estudar se o modelo pode ser aplicable a outros puntos da cidade olívica.
Descargar todas as imaxes