mércores, 3 mar 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e o concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, presentaron este mércores o primeiro proxecto do Concello de Vigo para rehabilitar a fachada marítima do Berbés, que inclúe actuacións en 48 inmobles. Os conclleiros salientaron tamén que o plan pon á disposición dos propietarios unha liña de axudas para facer fronte ás obras.
mércores, 3 mar 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, anunciou hoxe que o Concello de Vigo doará á veciñanza do Casco Vello a medalla Dagda que recolleu onte pola rehabilitación do barrio histórico que está a facer o Concello de Vigo. O concelleiro afirmou que Vigo é un "referente galego", xa que a distinción concedida é a medalla á mellor acción de conservación e defensa do patrimonio natural e cultural de Galiza.
mércores, 3 mar 2010
O rexedor, que reuniuse pola mañá deste mércores co director do campus do noroeste da UNED, José Luis Prieto, cree necesario a apertura da aula dado o alto número de alumnos que acuden ao centro asociado de Pontevedra para seguir as clases presenciais. "Está constatado que un importante número de estudiantes de Pontevedra son de Vigo, e é un número que crece sen parar", indicou.
mércores, 3 mar 2010
O concelleiro de Cultura, Xesus López, destacou este mércores o carácter innovador e arriscado do Festival Alternativo Alt'10 das artes escénicas, cuxo primeiro bloque de programación terá lugar do 11 ao 14 de marzo. O concelleiro salientou tamén a incorporación de novos espazos da cidade nos que se desenvolverán as actuacións desta novena edición do festival.