Escoitar

Santi Domínguez anuncia que o Concello doará ao Casco Vello a medalla Dagda recibida onte pola rehabilitación do barrio

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, anunciou hoxe que o Concello de Vigo doará á veciñanza do Casco Vello a medalla Dagda que recolleu onte pola rehabilitación do barrio histórico que está a facer o Concello de Vigo. O concelleiro afirmou que Vigo é un "referente galego", xa que a distinción concedida é a medalla á mellor acción de conservación e defensa do patrimonio natural e cultural de Galiza.

mércores, 3 mar 2010
1267697618premiosdagma.jpg
Santi Domínguez expresou a satisfacción de todo o equipo da Tenencia de Alcaldía e das concellerías de Cascos Históricos e de Patrimonio Histórico polo premio que onte se concedeu ao Concello de Vigo. "Por primeira vez na historia Vigo acada esta medalla Dagda de Turismo", salientou.

"Esta é unha medalla á colectividade que nos enche de satisfacción", destacou o tenente de alcalde. Ao seu xuízo, o galardón á recuperación do Casco Vello vigués amosa que algo "estamos facendo ben", froito da paciencia dos veciños e veciñas do barrio e os traballadores que están facendo posible a súa recuperación.

Santi Domínguez afirmou que os veciños e veciñas do Casco Vello son os "verdadeiros merecedores da medalla, así como os traballadores e traballadoras que contribuíron á recuperación do barrio", polo que expresou a súa intención de que o Concello lles doe a medalla nun acto que se celebrará proximamente.

A entrega desa medalla tivo lugar onte no transcurso da Gala do Turismo e Gastronomía 2010, que se celebrou no Pazo de Congresos de Pontevedra coa asistencia de máis de 700 persoas. Os premios os otorga a Asociación de Xornalistas e Escritores de Turismo (AGAXET) e a Revista Hostelería Galega & Turismo
Descargar todas as imaxes