venres, 5 mar 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, puxo hoxe a primeira pedra do complexo de obradoiro musical e locais de ensaio, que será a maior infraestrutura destas características que haberá en Galiza. O concelleiro explicou que o proxecto, orzamentado en 1,5 millóns de euros, contempla sete salas de ensaio, un estudo de gravación e unha sala de usos múltiples, entre outros equipamentos.
venres, 5 mar 2010
Organizada polo Consello Municipal da Muller, a Praza 8 de Marzo acollerá, o domingo 7 de marzo, unha xornada repleta de actividades de música, títeres, lectura, graffiti, humor e agasallos.As actividades previstas, que se prolongarán durante toda a xornada neste espazo (situado entre os números 89 e 91 da rúa Camelias), transformarán esta céntrica praza nun lugar de encontro das mulleres da cidade e do público en xeral, xa que no programa están incluídos actos para nenas e nenos e persoas adultas.
venres, 5 mar 2010
"A roupa á beira do mar" é o título da exposición que se abre este sábado na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa, 2) e que permanecerá en cartel ata o 4 de abril. A mostra serve para facer a recreación dunha xornada nos albores do século XIX na popular praza do Berbés, ademáis de formar parte da programación de actos deste ano relacionados coa Reconquista da Vila de Vigo.
venres, 5 mar 2010
O próximo luns, 8 de marzo, desenvolverase a conferencia " O xogo da transformación no mimo contemporáneo" a cargo de dous actores especializados na materia que a impartirán a partir das 19.30 horas na sede da Escola Municipal de Teatro de Vigo (Monte da Mina, 16). No transcurso desta actividad abordaránse diferentes explicacións teóricas e demostracións prácticas sobre a historia e evolución do teatro xestual, desde as orixes da pantomima ao concepto do mimo moderno creado por Etienne Decroux.
venres, 5 mar 2010
O segundo andar do Punto Xove, rúa López Neira 27, ofrece a exposición titulada "La Bañera con Trampolín", que ven a amosar como se pode desenvolver un proxecto de revista-obxeto, caixa de arte, desde Vigo grazas a laboura levada a cabo na cidade pola unión de algúns artistas plásticos, audiovisuais e literatrios por la unión de algunos artistas plásticos, audiovisuales y literarios.
Anuncio da Oficina Municipal de Voluntariado
venres, 5 mar 2010
Dende a Oficina Municipal de Voluntariado temos a ben informar de que o próximo día 11 de abril vaise celebrar a carreira popular Vig-Bay, entre Vigo e Baiona.A organización do evento pídenos persoas voluntarias que poidan colaborar nas tarefas de organización, tales como embolsado, entrega de dorsais, acompañamento de persoas participantes, avituallamentos.