Iolanda Veloso afirma que a mostra "Crónicas da represión lingüística" alerta contra a volta de prexuízos pasados
A concelleira de Normalización Lingüística, Iolanda Veloso, salientou este xoves que a mostra "Crónicas da represión lingüística" lembra que poden volver "prexuízos que pensabamos que xa non existían". Na inauguración da exposición, instalada no IES Politécnico e coordinada polo documentalista Xan Leira, a edil animou aos alumnos e alumnas asistentes ao acto a "reflexionar sobre o tema da mostra e pensar que se refire a nosa historia máis recente".
Na súa intervención, Iolanda Veloso destacou a importancia de contextualizar a represión lingüística vivida en Galiza, que formou parte dunha represión máis ampla que atinxíu a todos os aspectos da vida cotiá de persoas aínda vivas. "A exposición da pé para preguntarlle aos nosos avós e as nosas avoas como era a súa vida cotiá", comentou.
A concelleira nacionalista explicou que nos casos da lingua e dos dereitos das mulleres "hai que ir traballando día a día para acadalos, pero tamén para conservalos e non retroceder". No tocante á lingua, destacou que para poder escoller falar en galego ou castelán, é preciso "garantir o coñecemento dos dous idiomas".
Xan Leira, pola súa banda, agradeceu ao IES Politécnico e ao Concello de Vigo, en particular á Concellería de Normalización Lingüística, "a posibilidade de ter feito este traballo de recuperación da memoria histórica arredor da represión lingüística desatada en Galiza" dende 1936. "Reprimir a lingua é reprimir a esencia máis íntima das persoas", afirmou.
Explicou, asemade, que a exposición fai referenza á vida de persoas maiores, de 80 a 90 anos na súa maioría, que na súa nenez e na súa mocidade viron que a súa vida "cambiou dun día para outro", dixo.
Descargar todas as imaxes