Xesus López salienta o carácter innovador do festival Alt'10 de artes escénicas, que comeza o 11 de marzo
O concelleiro de Cultura, Xesus López, destacou este mércores o carácter innovador e arriscado do Festival Alternativo Alt'10 das artes escénicas, cuxo primeiro bloque de programación terá lugar do 11 ao 14 de marzo. O concelleiro salientou tamén a incorporación de novos espazos da cidade nos que se desenvolverán as actuacións desta novena edición do festival.
"Como concelleiro de Cultura é un orgullo presentar unha nova edición do Festival Alternativo", manifestou Xesus López na rolda de prensa, na que tamén participaron a delegada da Xunta en Vigo, Lucía Molares, e a directora do festival, Lola Correa. O responsable de Cultura asegurou asemade que se trata dunha proposta moi importante para Vigo porque "contribúe a facer cidade".
A novena edición do Alt'10 inclúe doce espectáculos, ademais dunha conferencia e un programa especial para novos creadores galegos. O primeiro bloque do festival, segundo explicou a súa directora, Lola Correa, iniciarase o 11 de marzo ás 14 horas no Centro comercial da cidade universitaria, coa actuación da compañía francesa Etxea. No Marco, ás 20 horas, actuará a compañía valenciana Los que quedan e ás 21.30 horas a compañía francesa Café Klash. Tanto o día 11 como o 12 e o 13, as rúas de Vigo serán tamén escenario dos espectáculos, coa actuación da compañía Etxea.
O venres 12 día de marzo terá lugar unha mesa redonda no MARCO ás 19 horas, protagonizda por Oscar Cornago e Carlos Marquerie, que falarán de "Testigo casual de mi tiempo". Asemade, ás 21.30 horas na Casa das Artes actuará a compañía Histrión. O sábado 13 de marzo, o MARCO acollerá dous pases da artista Monse Penela, ás 20 e 20.30 horas. Ese mesmo día, ás 21.30 horas, a artista Elena Córdoba actuará na Casa das Artes. O domingo 14 de marzo, a Casa das Artes, ás 19 horas, acollerá a actuación de Pablo Fidalgo e Estefanía García.
O xoves 18 de marzo, no MARCO ás 20 horas poderanse ver as propostas de Sleepwalk Collective e ás 21.30, na Casa das Artes actuará a compañía Ertza. O venres, 19 de marzo, terá lugar o espectáculo "Especial Galicia presenta", con los espectáculos que terán lugar no MARCO ás 20 horas, na Casa das Artes ás 19 horas e tamén na Casa das Artes ás 21.30 horas.
O sábado 20 de marzo o MARCO acollerá ás 20 horas a actuación da compañía Vero Cendoya, e a na Casa das Artes, ás 21.30 horas terá lugar o espectáculo da compañía andaluza Mandaito Producciones. O segundo bloque da programación celebrarase do 18 ao 20 de xuño, e nel poderán verse diferentes propostas de compañías vascas, catalanas, andaluzas e inglesas.
A delegada da Xunta en Vigo felicitou a Noescafé Teatro a organización do festival e ao Concello de Vigo "por apoiar esta iniciativa". Asegurou que as administracións teñen que apoiar propostas como esta, especialmente nun momento de crise como o actual. Finalmente, Lola Correa agradeceu ao Concello de Vigo e especialmente á Concellería de Cultura o seu apoio "porque son os verdadeiros padriños e artífices de que o Alt se manteña", así como a colaboración da Xunta de Galiza.
Descargar todas as imaxes