Escoitar

Abel Caballero amosou a súa "inmensa satisfacción" polo "visto bo medioambiental" ao AVE por Cerdedo

O Ministerio de Medio Ambiente anunciou onte luns a validación do seu departamento ao traxecto da alta velocidade ferroviaria que unirá directamente Vigo e Ourense con Madrid. Xunto co túnel en construcción e a nova estación proxectada en Urzáiz, o alcalde valorou como "realidade imparable" o AVE directo a Madrid, e recordou o compromiso do ministro de Fomento de licitar conxuntamente proxecto e obra da variante de Cerdedo. <br />

martes, 2 mar 2010
1267537662tuneladora.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, amosou este martes a súa "inmensa satisfacción" polo "visto bo medioambiental" outorgado onte polo Ministerio ao AVE directo entre Vigo e Ourense por Cerdedo.

O Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Marino, dirixido pola galega Elena Espinosa, enviou onte luns a publicación no Boletín Oficial a validación ambiental da variante de Cerdedo, paso previo para a licitación conxunta do proxecto e da obra, tal e como comprometeu en Vigo o ministro de Fomento, José Blanco.

O AVE directo desde Vigo a Madrid, sen necesidade de pasar antes por Santiago, "é unha realidade imparable", asegurou Abel Caballero, quen recordou que xa está en proceso de construcción o túnel de entrada da alta velocidade a Vigo desde Redondela, e a nova estación de Urzáiz.
Descargar todas as imaxes