Santi Domínguez anuncia que o Plan estratéxico dos mercados potenciará a súa competitividade con medidas a cinco anos
O tenente de alcalde e concelleiro de Comercio, Santi Domínguez, anunciou este luns que o Plan Estratéxico dos Mercados Muncipais 2010-2015, que será elaborado por un equipo de investigadores da Universidade de Vigo, definirá as estratexias que se porán en marcha nestas instalacións co obxectivo de potenciar a súa competitividade e modernización. Tras a xuntanza que mantivo cos xerentes dos mercados, o concelleiro defendeu a necesidade de elaborar unha planificación a longo prazo de todas as actuacións que se leven a cabo, entre as que tamén figuran a posta en marcha dun "plan escoita" e unha campaña de formación para os comerciantes.
"Hai tempo que dende os mercados se demanda unha seria e racional planificación, que nunca se acometeu, o cal nos levaba a traballar baixo iniciativas inconexas e sen planificación de cara ao futuro", explicou o tenente de alcalde. Santi Domínguez destacou que a revitalización dos mercados municipais, como fonte de riqueza e emprego, ten sido unha das prioridades dende a súa chegada á Concellería de Comercio, "dentro da aposta global polo pequeno e mediano comercio".
Santi Domínguez explicou que unha das liñas de actuación desenvolvidas pola Concellería de Comercio desde a súa chegada foi a revitalización e a dinamización da mesa dos mercados "como órgano no que se discuta e reflexione sobre o futuro". En segundo lugar fixo referenza ás reformas levadas a cabo nas intalacións dos mercados e finalmente comentou a elaboración do Plan Estratéxico dos Mercados 2010-2015. A este respecto sinalou que será redactado por un equipo de investigadores da Universidade de Vigo, dirixido por Carlos Ferro Soto, profesor titular do departamento de Organización de Empresas e Márketing.
O tenente de acalde sinalou que o plan, que deberá estar rematado nun prazo de oito meses, definirá distintos elementos, como a diagnose "clara e real" da situación dos mercados, así como o deseño das actuacións que se deberán levar a cabo nos vindeiros anos. Indicou que a elaboración do Plan Estratéxico conta cun orzamento de 150.000 euros.
O nacionalista avanzou que proximamente se porán en marcha outras dúas accións novidosas, en colaboración coa Escola de Negocios Caixanova. A primeira delas será desenvolver un Plan de Escoita, co obxectivo de recoller a percepción real dos usuarios dos mercados municipais. O estudo permitirá coñecer que elementos determinan a elección do lugar de compra, coñecer o grado de satisfacción dos clientes ou definir os cambios nos hábitos de compra.
Por outra banda, farase unha campaña de formación para os comerciantes dos mercados. Segundo apuntou, nunha primeira fase participarán 250 profesionais, dos 360 vendedores que aproximadamente traballan nos sete mercados municipais. Esta campaña de formación consistirá en dúas ou tres xornadas de traballo semanais, nas que participarán grupos de 20-30 persoas, e nas que se falará de temas como os cambios dos hábitos dos consumidores ou os factores que inflúen na venda de produtos. En resposta aos xornalista indicou que as principais demandas dos comerciantes respecto á formación se refire ao coñececemento das novas tecnoloxías e das técnicas comerciais, máis que ao coñecemento do produto.
O tenente de alcalde indicou que tamén se porá en marcha unha campaña de promoción dos mercados, a través da fidelización dos clientes. Neste sentido sinalou que esta iniciativa será a ampliación da campaña que se desenvolverá a través do plan FEIL, para o pequeno e mediano comercio da cidade.
Respecto ao desenvolvemento do Plan de infraestruturas dos mercados, Santi Domínguez destacou que este ano se levará a cabo a reforma do mercado do Progreso, a cargo na súa maior parte dos orzamentos municipais. "Esperamos que este ano a Xunta sexa máis xenerosa coas axudas e podamos avanzar máis rapidamente nas reformas", manifestou. Ao respecto explicou que o ano pasado, dos 5 millóns de euros solicitados a Xunta de Galiza concedeu 300.000 euros, que serán destinados á posta en marcha do mercado provisorio do Progreso. Respecto á licitación das obras, en resposta aos medios indicou que está a espera da aprobación definitiva dos orzamentos municipais e que o orzamento ascende a 2,5 millóns de euros.
Descargar todas as imaxes