xoves, 4 mar 2010
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, afirmou este xoves que o servizo de atención primaria que presta o departamento que dirixe realizou 29.198 intervencións no 2009, atendendo 22.966 usuarios novos. Asemade, a concelleira avanzou que ao longo do ano incrementarase o número de traballadoras sociais co obxectivo de reforzar o servizo e atender a demanda existente.
xoves, 4 mar 2010
A Fundación Pedro Barrié de la Maza (Policarpo Sanz, 31) acolle desde hoxe e ata o 30 de maio a exposición "Català-Roca. Obras maestras", o resultado dun ambicioso proxecto de investigación e de recuperación da obra dun autor fundamental na renovación da fotografía da década de 1950. A mostra ofrece 150 fotografías en blanco e negro de Frances Català-Roca (1922-1998) e completase cunha ampla programación didáctica paralela e gratuíta, a proxección dun documental no auditorio da Fundación e un riguroso catálogo que afonda de forma rigurosa na obra do fotógrafo.
xoves, 4 mar 2010
Percorridos polos principais vestixios e xacementos doutros tempos no Concello de Vigo, para achegar a riqueza patrimonial da cidade e o seu entorno a poboación xuvenil, constituen un dos principais obxectivos do Roteiros polo Vigo Arqueolóxico, que a partir do 18 de marzo se desenvolverán dacordo coa programación de actividades da Concellaría de Xuventude. As convocatorias previstas serán guiadas e gratuítas polos diferentes lugares que van desde O Castro a Toralla, pasando por Castrelos.
xoves, 4 mar 2010
A concelleira de Normalización Lingüística, Iolanda Veloso, salientou este xoves que a mostra "Crónicas da represión lingüística" lembra que poden volver "prexuízos que pensabamos que xa non existían". Na inauguración da exposición, instalada no IES Politécnico e coordinada polo documentalista Xan Leira, a edil animou aos alumnos e alumnas asistentes ao acto a "reflexionar sobre o tema da mostra e pensar que se refire a nosa historia máis recente".