Escoitar

A Fundación Pedro Barrié de la Maza acolle a exposición "Català-Roca.Obras maestras"

A Fundación Pedro Barrié de la Maza (Policarpo Sanz, 31) acolle desde hoxe e ata o 30 de maio a exposición "Català-Roca. Obras maestras", o resultado dun ambicioso proxecto de investigación e de recuperación da obra dun autor fundamental na renovación da fotografía da década de 1950. A mostra ofrece 150 fotografías en blanco e negro de Frances Català-Roca (1922-1998) e completase cunha ampla programación didáctica paralela e gratuíta, a proxección dun documental no auditorio da Fundación e un riguroso catálogo que afonda de forma rigurosa na obra do fotógrafo.

xoves, 4 mar 2010
1267709112catala6.jpg
A exposición, inaugurada hoxe nun acto que contou coa presenza do alcalde de Vigo, Abel Caballero, e de representades da entidade organizadora e de diferentes ámbitos da sociedade viguesa, está coproducida pola Fundación Barrié e La Fábrica e permanecerá aberta ao público ata o 30 de maio. Desta maneira a primeira entidade antes citada prosegue coa súa aposta pola contemporaneidade da fotografía, un eido explotado con exposicións temporais dedicadas a clásicos como Paul Strand, Arnold Newman, Anselm Adams, Eastman House ou Reisewitz, algún deles relacionados tamén co cine.

O mostra articulase en espazos diferencidos que permiten facer unha releitura da traxectoria global de Català-Roca, pois as fotografías do autor catalán funcionan como verdadeiros documentos históricos que incluen paisaxes urbanos, imaxes de xentes e retratos, ata organizar unha historia coidadosamente trazada. A exposición ocupa duas plantas na sede de Vigo da Fundación Barrié, unha delas recolle as instantáneas realizadas en espazos urbanos do fotógrafos, mentras que a outra están as imaxes tomadas en espacios rurais.

Català-Roca. Obras maestras" tratase dun proxecto de investigación e de recuperación do fotógrafo catalán, quen percorreu España coa súa cámara, facendo un traballo excepcional sobre Barcelona e Madrid, que foi motivo dunha exposición no Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía en 2003. En 1983, Català-Roca foi galardonado co Premio Nacional de Artes Plásticas del Ministerio de Cultura, concedido por primeira vez a un fotógrafo. Este proxecto cultural inclue asemesmo un documental e edición dun riguroso catálogo de 450 páginas con 300 fotografías que recolle unha ampla investigación da súa vida, a través dunha exhaustiva cronoloxía ilustrada con imaxes do seu estudo e da súa persona, seus obxectos e material hemerográfico.

En canto ao documental, que se proxecta paralelamente á mostra en horario continuo, plantexa un percorrido completo pola súa fografía e pola súa vida, establecendo paralelismos e líneas cruzadas entre as sús circunstancias personais e o seu traballo. De 20 minutos de duración, este documental ofrece unha ollada cara ó mundo e obra de Francesc Català-Roca, un achegamento a súa personalidade, seu entorno, e a súa filosofía a través dos grandes temas que máis lle interesaron: a Barcelona dos anos 60; a Arquitectura; o concepto da luz e da cor; a decisión derradeira: o rencadre; a ollada e o momento decisivo. A través dos seus fillos Andreu e Martí Català Pedersen, e algúns amigos como Colita, Oriol Maspons ou o ceramista Joan Artigas, ye o seu asistente, Josep Gol, compartese a súa su maneira de entender a vida, a sociedade e a súa grand laboura: a fotografía.

Nas vitrinas mostránse tambén varios obxetos personais de Català-Roca: copias vintage, dúas cámaras, follas de contato e un arquivador de negativos, entre outros.

Un equipo de La Fábrica dirixido polo comisario da exposición, Chema Conesa, coa colaboración dos heredeiros do fotógrafo, Martí y Andreu Català Pedersen, e dos depositarios do seu arquivo, o Colexio de Arquitectos de Catalunya (COAC), realizou unha profunda e exhaustiva laboura de investigación e indagación sobre máis de 200.000 negativos de diversos formatos e técnicas, 17.000 follas de contacto, entre publicacións, revistas e maquetas de libros conservados, entre os que se otopa unha porcentaxe de entre o 30% e o 40% de fotografías inéditas ou poco coñecidas. O libro inclue textos críticos de Chema Conesa; dos fillos do artista e celosos gardas da obra do seu pai, Martí y Andreu, ye de Carlos Sentís, Joan Fontcuberta e Hans-Michael Koetzle.

Como é habitual na programación cultural da Fundación Barrié, a exposición conta cunha importante oferta didáctica, gratuíta: visitas guiadas para grupos de adultos, obradoiros para familias con nenos a partir de catro anos, en fins de semana, e obradoiros para grupos escolares de todos os ciclos formativos.
1267709112catala6.jpg
1267709125catala7.jpg
Descargar todas as imaxes

Máis información