O alcalde e o Secretario de Estado de Infraestruturas acordan "minimizar o impacto" en vigo da saída do ave a porto
Abel Caballero e Victor Morlán estrevistáronse este xoves para "desbloquear" o trazado vigués da saída sur da Alta Velocidade, o tramo que unirá a estación de Urzáiz con O Porriño, dirección a Portugal. Os técnicos do Concello e do Ministerio estudarán en conxunto as distintas alternativas para "minimizar o impacto" do traxecto do AVE na cidade, e abordarase o plantexamento técnico dunha saída da cidade soterrada. <br />
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o Secretario de Estado de Planificación e Infraestruturas do Ministerio de Fomento, Victor Morlán, acordaron hoxe xoves "minimizar o impacto" do trazado de saída do AVE na cidade olívica, en dirección a Portugal.
En rolda de prensa posterior a unha reunión de traballo, Caballero e Morlán adiantaron que os técnicos do Concello de Vigo e do Ministerio de Fomento estudarán conxuntamente as distintas alternativas para o traxecto vigués ata O Porriño, e unha das posibilidades abordadas será a saída da Alta Velocidade soterrada, tal e como accederá á estación de Urzáiz desde o norte da cidade.
"Case hai que empezar de novo o estudo informativo", constatou o Secretario de Estado sobre a afección no municipio vigués da saída do AVE ata Portugal, debido á "forte oposición" mostrada por Vigo ao proxecto anterior, que mantivo bloqueada esta variante durante anos.
"A saída sur está a ser desbloqueada", afirmou o alcalde, quen agradeceu ao Secretario de Estado que Fomento "apostara e siga a apostar pola cidade". Morlán, pola súa banda, avogou por un traxecto ata O Porriño que non cree "efectos pantalla" entre barrios vigueses que dividan a cidade.
Tal e como apuntou, a intención do Secretario de Estado é "consensuar cos concellos o trazado que vai unir Vigo coa fronteira portuguesa" -que afecta a Vigo, Mos, Salceda, O Porriño e Tui-, xa que "nin España nin Portugal renuncian á conexión entre Porto e Vigo" da Alta Velocidade ferroviaria.
Abel Caballero e Victor Morlán aseguraron que as infraestruturas de Fomento en Vigo son "unha realidade imparable", en verbas do alcalde vigués, e citaron o túnel de acceso norte do AVE a Vigo -en construcción na actualidade- e a estación ferroviaria de Guixar -que dará servizo mentres dure a edificación da nova terminal de Urzáiz, para operar despois como central de cercanías-.
Ademais, Fomento e o Concello abordaron na reunión desta mañá a planificación do corredor verde que substituirá ás actuais vias do tren en Teis, proxecto para o que "perfilaranse os pasos" que dean "visualizacion o antes posible" ao mesmo, aseverou Morlán. Ademais, actualmente estanse a redactar os proxectos das novas autovías a O Porriño e a Pontevedra, aspectos que foron igualmente tratados no encontro.
AVE por Cerdedo
Alcalde e Secretario de Estado amosaron a súa satisfacción polo informe positivo do Ministerio de Medio Ambiente á conexión do AVE Vigo-Ourense por Cerdedo, unha obra "moi difícil" que "vaise facer", resaltou Morlán, para o que vanse cumprir etapas con "urxencia e seguridade".
O AVE directo entre Vigo e Ourense por Cerdedo forma parte do Pacto do Obradoiro asinado polo Presidente da Xunta de Galicia e o Ministro de Fomento, un acordo ferroviario que non experimentará recortes, segundo apuntou Victor Morlán.
Descargar todas as imaxes