Escoitar

Abel Caballero ratifica o 1 de xaneiro como data de inauguración do auditorio pazo de congresos

Nunha visita deste mércores ao recinto, o rexidor lembrou que a Biblioteca do Estado ubicaráse no complexo tralo visto e prace do Ministerio de Cultura á proposta. O alcalde suliñou tamén que obra do Auditorio non sería posible se Caixanova non fora unha institución de Vigo. "Esto sinala un antes e un despóis no sector cultural e de servicios da cidade", apuntou o alcalde.

mércores, 3 mar 2010
1267625049auditorio.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou hoxe na visita ao Auditorio Palacio de Congresos que as obras e a construcción do complexo marchan sobre os prazos previstos, polo que mantense a fecha de inauguración para o 1 de xaneiro de ano que ven.

A visita, na que estivo acompañado polo arquitecto César Portela, responsables da concesionaria e de Caixanova, Caballero destacou a "excepcionalidade arquitectónica" do auditorio. "Estamos diante dunha obra maestra", anuncio o rexedor, "dunha desas pezas de arquitectura que volverán a situar a César Portela na candidatura a un novo premio nacional de Arquitectura", dixo.

Caballero falou tamén das propias cualidades do Auditorio que farán posible que os 1.500 espectadores que terán cabida no mesmo poidan estar situados no centro do propio escenario. "O avance é espectacular e o Pazo de Congresos cumprirá as súas funcións". Entre elas o rexedor local referiuse ao propio atractivo da peza arquitectónica, ao foro cultural como concertos, e ao propio contido como pazo de congresos. "Esto sinala un antes e un despóis no sector cultural e de servicios da cidade".

Caballero aproveitou a ocasión para agradecer tanto a empresa como ao arquitecto a premura coa que se está levando adiante a actuación "tendo especial coidado coa calidade" do proxecto, segundo explicou. Pero ademáis tamén quixo lembrar que a obra non sería posible sen o empeño de Caixanova. "Non sería posible se non fora sede financieira en Vigo, se non fora unha institución de Vigo esto non estaría aquí", afirmou.

Abel Caballero tamén avanzou que a Biblioteca do Estado emplazarase definitivamente no Pazo de Congresos tras recibir a proposta o visto e prace do Ministerio de Cultura. "A ubicación pareceulles axeitada", polo que a biblioteca situaráse "no corazón cultural da cidade".

Pola súa banda o arquitecto César Portela explicou que a actuación aínda está nunha fase na que "hai que imaxinar" moito pero que xa se empezan a vislumbrar as "escalas e proporcións". Tal e como indicou xa hai consciencia de que é "unha obra moi importante".

Descargar todas as imaxes