O Xynthia deixou en Vigo contedores e árbores caídos e 172 incidencias atendidas polos servizos de emerxencias
O alcalde, Abel Caballero, asegurou este luns que o temporal "non tivo efectos serios" na cidade, deixando un total de 363 contedores caídos polo vento, outras 17 árbores e 172 incidencias que foron atendidas pola Policía Local, os Bombeiros e Protección Civil. O Concello mobilizou 200 efectivos durante a fin de semana e suspendeu temporalmente liñas de Vitrasa por "precaución". O alcalde felicitou a MeteoGalicia por alertar a tempo xa que "permitiu organizarnos e facerlle fronte" ao Xynthia.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo este luns balance do paso do Xynthia pola cidade, que deixou contedores e árbores caídos, e un total de 172 incidencias atendidas pola Policía Local, os Bombeiros e Protección Civil.
Segundo apuntou Caballero, o temporal "non tivo efectos serios en Vigo" e cifrou en 363 os contedores derrubados polo vento e en 17 as árbores caídas. A Policía Local actuou en 79 incidencias, os Bombeiros noutras 49 e Protección Civil en 44. Ademais, Vitrasa suspendeu temporalmente 15 liñas do autobús urbano pola "prevención e a seguridade dos viaxeiros".
O alcalde comentou que o vento levantou dous tellados en Nicaragua e na Avenida de Castelao, e forzou a caída dunha valla publicitaria na Avenida de Madrid que mantivo o tráfico cortado durante dúas horas.
Abel Caballero, quen recordou que 200 persoas foron mobilizadas esta fin de semana ante a alerta vermella do Xynthia, encabezou o gabinete de crise que mantívose reunido de manera permanente no Concello nas horas de maior intensidade do temporal. A devandita comisión estivo formada pola Policía Local, os Bombeiros, Protección Civil e os departamentos municipais de Vias e Obras, Parques e Xardíns e Limpeza.
O alcalde vigués felicitou a MeteoGalicia pola xestión deste temporal. "Actuou como ten que actuar", apuntou Caballero, quen manifestou que a alerta a tempo "permitiu organizarnos e facerlle fronte" a amenaza climatolóxica. O rexedor socialista afirmou que é preferible recibir unha alerta maior á forza efectiva do temporal que o caso contrario.