Unha mesa redonda pecha a convocatoria Compartimos unha cidade
A convocatoria "Compartimos unha cidade. Compartamos as nosas linguas", organizadas por las áreas de Benestar Social e de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, péchase o martes día 2 de marzo, cunha mesa redonda na que se vai a debatir os distintos vieiros de actuación para acadar a integración das persoas inmigrantes na cidade de Vigo. O acto está previsto a partir das 17 horas no auditorio do Edificio Municipal da Rúa Areal.<br />
A mesa redonda contará coa presenza dunha representante das asociacións de inmigrantes no Consello Social da Lingua do Concello de Vigo, Susana Forero; o técnico de Inmigración da CIG en Vigo, Anxo Igrexas; a técnica de Normalización Lingüística do Concello de Ames, Rosa Moreiras, e responsables do programa de integración de inmigrantes do Concello de Vilaboa.
As xornadas que hoxe se pechan enmarcanse dentro do programa denominado En galego tamén noutros mundos, que se desenvolve desde o segundo trimestre de 2009 ata xuño de 2010. Desde a Concellería de Normalización Lingüística, a súa titular Iolanda Veloso sinalou que coas xornadas se pon enriba da mesa unha realidade que existe, "pero non como problema, senón para artellar camiños para a integración". Na cidade de Vigo hai un total de 18.000 inmigrantes empadroados, o que supón un 6% da poboación total.