O Concello asignará 200 efectivos dos servizos municipais para atender as emerxencias do temporal
A comisión de seguemento presidida polo alcalde estará operativa ininterrumpidamente desde mañá sábado ás 12 horas, momento no que as prediccións metereolóxicas avisan do forte temporal que pasará por Vigo. Este "seguemento permanente" da alerta estará formado pola Policía Local, Bombeiros, Protección Civil e os departamentos municipais de Limpeza, Vias e Obras e Parques e Xardíns. O Concello habilitará teléfonos de emerxencias as 24 horas.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe venres que o dispositivo municipal despregado para atender as emerxencias causadas polo temporal previsto para mañá sábado sumarán 200 efectivos.
A partir de maña ás 12 horas, o alcalde presidirá un comité permanente de seguemento das alertas do temporal, integrado polos responsables da Policía Local, Bombeiros, Protección Civil, Vías e Obras, Limpeza e Parques e Xardíns.
Segundo indicou Caballero, o Concello xa está reforzar elementos móbiles que puideran ser desprazados ou arrincados pola forza do vento, como o tellado da grada de Río do estadio de Balaídos, que sufriu desperfectos por esta causa na madrugada de antonte.
Por outra banda, o Concello habilitará ao efecto sendos teléfonos que funcionarán as 24 horas para recibir e canalizar as emerxencias cidadás, como son IMES (900333365), FCC (900200012), Aqualia (902136013) e Gas Galicia (900750750).