venres, 26 feb 2010
O alcalde acompañou aos responsables do Observatorio de Emprego para Vigo e á súa área de influencia, formado por tres profesores universitarios e dous integrantes do Instituto Galego de Estatística, na presentación do Informe de Conxuntura sobre o Emprego e o Paro na cidade. O estudo conclúe que o paro en Vigo comezará a baixar en setembro, mentres que no resto de España a baixada non chegará ata novembro ou decembro.
venres, 26 feb 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, anunciou hoxe que a segunda convocatoria de axudas directas ao pequeño e mediano comercio superou todas as previsións, xa que se presentaron 2.388 solicitudes, máis do dobre que no primeiro prazo. O concelleiro avanzou que para facer fronte ao incremento de peticións amplianse os 600.000 euros previsitos inicialmente para chegar ata aos 850.000.
venres, 26 feb 2010
A sede da Jefatura da Policía Local estrenou na xornada de hoxe unha nova galería tiro na que se investiron arredor de 190.000 euros e que constitue un importante avance no adestramento por parte dos axentes do citado corpo á hora de poñer en práctica a utilización de armas de fogo cando se producen actuacións relacionadas coa seguridade cidadán. Nas instalacións desenvolveronse algúns exercicios habituais na práctica de tiro nos que interviron con demostrada efectividade varios policías locais.
venres, 26 feb 2010
Máis de 1.500 persoas se achegaron xa á Casa das Artes para visitar a mostra "Xoias da colección Álvarez: Esplendor cerámico de Vigo", dende a súa inauguración o pasado día 18, segundo os datos facilitados pola Concellería de Patrimonio Histórico. Segundo Eudosio Álvarez, esta afluenza de público amosa o gran interese da cidadanía por coñecer o patrimonio industrial da cidade.
As salinas romanas de Vigo consolídanse como importante referencia arqueolóxica en Galicia<br />
Edítase material pedagóxico sobre o centro e dirixido a Educación Primaria e Secundaria
venres, 26 feb 2010
Tras un ano dende a súa apertura, o Centro Arqueolóxico do Areal – Salinae, xestionado polo Museo do Mar de Galicia, supera xa as 16.000 visitas. Desta forma, as salinas romanas situadas na rúa Rosalía de Castro de Vigo consolídanse coma unha das referencias arqueolóxicas máis destacadas de toda a comunidade galega. Na actualidade, ademáis de Salinae, están cobrando especial importancia diferentes ubicacións da época romana na cidade como Toralla e o xacemento de O Castro, co que resulta moito máis doado achegarse a unha visión completa do mundo romano en Vigo.
venres, 26 feb 2010
O 26 de febreiro inaugúrase na planta baixa do museo MARCO a exposición individual da fotógrafa alemá Candida Höfer, unha das máis importantes representantes da Escola de Düsseldorf, que mostrará unha selección dos seus traballos dos últimos corenta anos nunha montaxe realizada polo prestixioso estudio de arquitectura Kuehn Malvezzi.
Anuncio de Mobilidade, Transportes e Seguridade
venres, 26 feb 2010
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de desmontaxe de fachada, a realizar pola empresa VIGUESA DE EDIFICACIONES, estará pechada ao tráfico a rúa VELAZQUEZ MORENO, treito entre Ronda Don Bosco e Progreso, con acceso exclusivo para garaxes, os DOMIGOS 28 de febreiro de 2010 e 07 de marzo de 2010.