xoves, 25 feb 2010
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, presentou este xoves a memoria do ano 2009 do programa de intervención familiar, que ten por obxectivo detectar e previr os factores de risco en menores. Destacou que o ano pasado neste programa, que conta cun orzamento de 505.000 euros, participaron 414 familias, cun total de 1.478 persoas das que 680 eran menores.
xoves, 25 feb 2010
A Escola Municipal de Música Tradicional e Folk, e-Trad, do Concello de Vigo, convirtese durante dous anos no modelo a seguir dentro do proxecto da Rede Europea de Orquestras Folk (European Network of Folk Orchestras-ENFO) orientado a procura dun circuito estable no Vello Continente para a circulación de músicos e profesores relacionados co folk contemporáneo. Desa maneira, o proxecto liderado polo concello establece a Vigo como sede permanente da citada rede durante o periodo de tempo 2010-2012.<br />
xoves, 25 feb 2010
A concelleira de Normalización Lingüística, Iolanda Veloso, e o edil de Cultura, Xesus López, presentaron este xoves o concerto de balde DuploR, que terá lugar mañá, 26 de febreiro, na sala Mondo ás 19.30 horas. Os nacionalistas salientaron que o obxectivo desta iniciativa é unir dúas liñas como son a tradición galega das regueifas e a expresión cultural urbana que son o rap e o hip hop.
xoves, 25 feb 2010
A Concellería de Medio Ambiente, Sanidade e Consumo porá en marcha a partir do mes de marzo un renovado programa ambiental "Camiño a Camiño...e máis" que neste ano ofrece novidades como as denominadas o Camiño de Santiago, as rutas nocturnas e a convocatoria Vigodiversidade. A edil de Medioambiente, Chus Lago, destacou hoxe na presentación do programa que representa unha iniciativa multidisciplinar aberta a todas a idades para facer rutas de sendeirismo polos entornos máis significativos do municipio de Vigo e do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas, así como participación en observación de estrelas.
xoves, 25 feb 2010
A Concellería de Xuventude pon en marcha, coa colaboración da asociación xuvenil Abertal, un proxecto de elaboración de curtamentraxes dirixido a mozos e mozas de 16 a 25 anos. O programa comezará mañá, 26 de febreiro, ás 18 horas nas instalacións da asociación, nunha sesión na que se organizará o proceso creativo, e finalizará o 26 de marzo.