O alcalde asegura a presenza "dinamizadora" do Concello na comisión de seguemento do novo hospital de Vigo
Abel Caballero confirmou hoxe mércores que o Concello de Vigo estará presente como "gran dinamizador" na comisión de seguemento do novo hospital, convocada pola Consellería de Sanidade para o 3 de marzo. Pese a non ter recibida toda a información sobre o proxecto, o alcalde adiantou que Vigo reclamará na cita un hospital público, de financiamento público e que respecte o proxecto funcional e arquitectónico do anterior goberno autonómico.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este venres a presenza do Concello de Vigo na comisión de seguemento do novo hospital convocada para o vindeiro 3 de marzo pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, unha cita na que o goberno de Vigo será o "gran dinamizador" da mesma.
Así o sinalou Caballero en rolda de prensa, onde resaltou asemade a necesareidade da presenza de Vigo nesta mesa para o seu axeitado funcionamento. Por outra banda, o alcalde vigués ofreceu "cooperación incondicional" á Xunta de Galicia se o novo hospital responde ás necesidades e esixencias da cidadanía viguesa; segundo citou o alcalde, un centro público de financiamento público, con 1.450 camas, que manteña o proxecto funcional e arquitectónico elaborado polo anterior goberno galego.
O alcalde asegurou descoñecer "o fondo" do proxecto da Xunta de Galicia para o novo hospital de Vigo, información que reclamará na comisión do vindeiro 3 de marzo.
Automoción
Por outra banda, Abel Caballero ofreceu a participación do Concello na mesa galga da automoción, se a súa presenza pode axudar para "superar as dificultades" que atravesa o sector pola crise, que podería supoñer a perda de 700 empregos en PSA Vigo e incluso postos de traballo fixos nas empresas de compoñentes da automoción galega.
O rexedor socialista recordou que os sindicatos reclamaron á Xunta a convocatoria deste foro, composto polo goberno autonómico, os sindicatos, a factoría viguesa de PSA e o Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (CEAGA). O Concello de Vigo xa forma parte da mesa da automoción conformada en Madrid a instancias do Ministerio de Industria.