Santi Domínguez considera que o Campus do Mar poría a Vigo no centro da investigación marítima e pesqueira de Europa
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, manifestou hoxe que o proxecto do Campus do Mar é un proxecto moi importante para Vigo e para Galiza, xa que conta co apoio das tres universidades e colocaría á cidade no centro da investigación marítima e pesqueira de Europa. Tras a xuntanza que mantivo co reitor da Universidade de Vigo, Alberto Gago, o nacionalista explicou que a reunión foi altamente positiva e agradeceu ao reitor a presentación que lle fixo do proxecto.
"Por primeira vez temos un proxecto científico e universitario, que integra ás universidades galegas e do norte de Portugal e que concreta unha determinada función para os terreos da ETEA", explicou o tenente de alcalde. Ao respecto sinalou que "nunca tivemos claro en que consistían os proxectos anteriores", mentres que ao seu xuízo este "da un volco á falta de concreción anterior".
O tenente de alcalde insistíu en que un aspecto moi importante do proxecto do Campus do Mar que lle presentou o reitor da Universidade de Vigo non é incompatible con outros usos e, neste sentido, lembrou que o BNG "sempre defendeu que é preciso reservar uso público destes terreos para a cidade".
Santi Domínguez indicou que a xuntanza foi unha primeira aproximación ao proxecto e que agora "toca estudalo en profundidade", aínda que asegurou que "de entrada ten o meu apoio". Destacou que para Vigo é moi importante contar coa base de buques, así como ter un campus de excelencia internacional ao que podan vir estudantes e investigadores de todo o mundo.
Pola súa banda, Alberto Gago sinalou que a xuntanza que mantivo co tenente de alcalde forma parte da campaña explicativa sobre o Campus do Mar. "Vin a contarlle ao responsable do BNG en Vigo e no Concello en que consiste o proxecto para que o coñeza de primeira man e o valore no seu conxunto", explicou. O reitor da Universidade de Vigo salientou que este proxecto é tan importante "que merece ser sacado da batalla política".
Alberto Gago explicou que "o que necesitamos non é máis que un espazo para poder ubicar as pezas. Non imos pedir financiamento á Xunta, que si tería que poñer os terreos". O reitor sinalou a este respecto que boa parte do financiamento desde proxecto sería aportado polo Ministerio de Educación e o CSIC.
Descargar todas as imaxes