Escoitar

A Policía Local amosa a súa profesionalidade no acto conmemorativo do seu 25 aniversario

Profesionalidade, eficacia e cercanía a os cidadáns foron as notas destacadad nas demostracións levadas a cabo hoxe na Praza do Rei polos axentes da Policía Local de Vigo con motivo da celebración do 25 aniversario da posta en marcha do citado corpo de seguridade. O alcalde Abel Caballero manifestou no acto o apoio da goberno que preside a Policía Local e manifestou a importante laboura da mesma a prol da seguridade cidadá.

mércores, 24 feb 2010
1267021032policialocal1.jpg
Os actos da celebración contaron coa presenza da corporación municipal, membros das Forzas de Seguridade do Estado e do Exército, así como representantes da Xunta e público en xeral, principalmente, infantil que seguíu con interese as simulacións no recinto da praza do concello a pesar da chuvia e vento que ameazaron o desenvolvemento da celebración.

As demostracións correron a cargo dos axentes da Policía que amosaron algunhas das intervencións que a diario teñen que realizar a prol da seguridade cidadá e vial nas rúas viguesas. Antes de iniciarse as simulacións, una parella de policías locais descendeu pola fachada do edificio do Concello desde o derradeiro piso ata a praza con obxetivo de entregar a bandeira da cidade as autoridades alí presentes. A continuación desenvolveronse as demostraciòn prácticas que reflexaron situacións que se lle presentan a cotío aos axentes en servizo. Asi, en primeiro lugar, unha patrulla de proximidade representou a reducción e detención dun individuo ebrio e agresivo. Logo foi unha parella da unidade rural a que escenificou a intervención nun caso de violencia de xénero con detención do agresor e atención a vítima de malos tratos.

Intervencións en casos de robo con violencia e detención por parte dunha patrulla de seguridade cidadá en caso de sustración de vehículo foron outras das actividades incluidas no programa de actos que se completou cunha demostración a cargo das patrullas motorizadas da Policía Local e a intervención dun can amaestrado na localización dun alixo de estupefacientes nun vehículo particular.

Na presentación do actos conmemorativo de hoxe, o xefe da Policía Local, Carmelo del Castillo, fixo un recoñecemento público aos axentes que nestes 25 anos contribuiron a modernización e profesionalidade do corpo, "algúns xa desaparecidos, outros xubilados e bastantes en servizo". Sobre as funcións do desenvolvidas polo corpo citou tres ámbitos de especial importancia durante o derradeiro carto de siglo: seguridade cidadá, seguridade vial e patrulla medioambiental. Nese senso recalcou que os datos están ahí para amosar que a cidade de Vigo ocupa hoxe o carto lugar das máis seguras de España no caso de poboación con máis de 150.000 habitantes, mentras que os accidentes mortais na cidade pasaron de 26, 27 e 16 nos tres primeiros anos da implantación do 092 a seis en total entre 2007 e 2009.

Pola súa banda o alcalde de Vigo, Abel Caballero, referiuse a importancia da profesionalidade acadada pola Policía Local nos derradeiros 25 anos, tarefa que considerou non concluida e que conta co apoio do seu grupo de goberno que asumiu, ademáis da modernización do parque móvil do corpo, a posta a punto dunha nova sede para os policía locais, "un reto que teño asumido", indicou o rexidor municipal, quen rematou a súa intervención expresando o seu orgullo "pola Policía Local que ten esta cidade".

Os actos conmemorativos do 25 aniversario da Policía Local contan ademáis cunha exposición fotográfica no Verbum-Casa das Palabras, ata o 2 de marzo, e continuarán o 26 de febreiro cunha exhibición de tiro na nova galería da Xefatura.
1267021032policialocal1.jpg
1267021044policialocal2.jpg
1267021067policialocal3.jpg
1267021080policialocal4.jpg
Descargar todas as imaxes

Máis información