Escoitar

Santos Héctor salienta que os fondos xestionados en Vigo para emprego crearon 7.500 postos de traballo

O concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Santos Héctor, defendeu o traballo realizado desde o Concello na creación de emprego, que ascende a 7.500 postos de traballo, entre directos e indirectos. O edil salientou a capacidade do alcalde na consecución de máis de 13 millóns de euros de fondos externos para a dinamización da economía e do emprego, e subliñou que Vigo é a cidade galega que mellor compórtase ante a crise.

martes, 23 feb 2010
1266930837santos.jpg
O concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Santos Héctor, explicou hoxe martes que os plans de emprego promovidos polo Concello supuxeron a creación de 7.500 postos de traballo, entre directos e indirectos, na cidade.

Segundo explicou o edil socialista, Vigo é a cidade galega que mellor estase a comportar ante a crise, rexistrou 8.000 novos contratos no pasado mes de xaneiro, e no desemprego sitúase por debaixo da media tanto de Galicia como de España.

A este comportamento dunha "cidade dinámica" como Vigo axudou as "medidas activas de emprego" do Concello, indicou Santos Héctor, como o Plan de Emprego Municipal que xa creou 1.200 postos de traballo, ademais da xeración de emprego correspondente aos proxectos do Plan E do Goberno de España. O concelleiro salientou tamén os máis de 13 millóns de euros de fondos externos acadados polo alcalde para emprego nestes dous anos e medio de mandato.

Santos Héctor denunciou asemade que a Xunta de Galicia rebaixou en 2010 a aportación ao Concello de Vigo para a dinamización de emprego en 580.000 euros con respecto a 2009, pese a que a cidade olívica conta agora con máis parados que o pasado ano. A cantidade pasou de 2,2 millóns en 2009 a 1,6 millóns en 2010, pese a que en 2010 o Goberno de España incrementou nun 3,3% as trasferencias de fondos á Xunta para creación de emprego, asegurou Héctor.

Seguindo os propios criterios da Xunta de Galicia, o concelleiro reclamou ao goberno autonómico 2,6 millóns de euros para emprego en 2010, o que lle corresponde a Vigo atendendo á súa poboación e á evolución do desemprego.
Descargar todas as imaxes