Un estudo da Universidade apunta que o paro baixará en Vigo en setembro, antes que no resto de España
O alcalde acompañou aos responsables do Observatorio de Emprego para Vigo e á súa área de influencia, formado por tres profesores universitarios e dous integrantes do Instituto Galego de Estatística, na presentación do Informe de Conxuntura sobre o Emprego e o Paro na cidade. O estudo conclúe que o paro en Vigo comezará a baixar en setembro, mentres que no resto de España a baixada non chegará ata novembro ou decembro.
Un informe elaborado pola Universidade de Vigo, e presentado este venres na Alcaldía, sinala que o desemprego na cidade olívica comezará a baixar en setembro, dous ou tres meses antes que no resto de España.
Esta é a conclusión principal do Informe de Conxuntura sobre o Emprego e o Paro en Vigo, elaborado polo Observatorio de Emprego para Vigo e á súa Área de Influencia, unha entidade conformada por tres profesores da Universidade de Vigo e dous membros do Instituto Galego de Estatística con publicacións desde 1998.
Segundo indica o informe, a tendencia negativa do paro comezou na primavera de 2007 e acrecentouse nos dous últimos anos debido á crise. En maio do pasado ano cambiou a tendencia, pois o incremento interanual comeza a decrecer de forma sostenida. Esta evolución leva a pensar aos investigadores que en setembro deste ano podería iniciarse a baixada do paro na cidade "de forma estable e sostida".
Por sectores de actividade, e en comparación coa situación do desemprego fai cinco anos, os porcentaxes de parados sobre o total non varían de xeito relevante na construcción, nos servizos nin na industria, colleitando incrementos máximos dun 3%. Este dato significa que ningún sector en Vigo sufriu a crise de xeito máis significativo que o resto.
A destrucción de emprego afectou máis aos homes que as mulleres, pese a que na actualidade máis da metade dos parados en Vigo son mulleres. Nos menores de 25 anos tampouco aprecia o estudo un repunte significativo, e incluso o comportamento está a ser mellor, pois xaneiro de 2010 rexistra menos desempregados neste grupo de idade que no mesmo mes do pasado ano.
A nivel Galicia, "o efecto da crise sobre o emprego foi moito menor que no resto de comunidades de España", xa que antes da crise Galicia era a terceira comunidade con máis desemprego mentres que hoxe en día é a cuarta con menos desemprego en España, seis puntos por debaixo da media.
Descargar todas as imaxes