Escoitar

A Escola de Teatro ofrece unha conferencia sobre o mimo

O próximo luns, 8 de marzo, desenvolverase a conferencia " O xogo da transformación no mimo contemporáneo" a cargo de dous actores especializados na materia que a impartirán a partir das 19.30 horas na sede da Escola Municipal de Teatro de Vigo (Monte da Mina, 16). No transcurso desta actividad abordaránse diferentes explicacións teóricas e demostracións prácticas sobre a historia e evolución do teatro xestual, desde as orixes da pantomima ao concepto do mimo moderno creado por Etienne Decroux.

venres, 5 mar 2010
1267794104mimo.jpg
A conferencia correrá a cargo de José Piris e Alfonso Riveira, ambos reputados especialistas en teatro xestual. O primeiro é discípulo directo de Marcel Marceau e profesor de interpretación xestual durante varios anos da RESAD de Madrid, polo que falará tamén da súa experiencia profesional como actor e creador xestual dentro do panorama europeo.

Pola súa banda, Alfonso Rivera, actor, director formado en Mimo Corporal Darmático cos derradeiros asistentes de Etienne Decroux e profesor da ESAD-Galicia, realizará unha serie de demostracións sobre o arte do xesto.
Descargar todas as imaxes