O tenente de alcalde pon en Valadares a primeira pedra da maior infraestrutura de locais de ensaio galega
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, puxo hoxe a primeira pedra do complexo de obradoiro musical e locais de ensaio, que será a maior infraestrutura destas características que haberá en Galiza. O concelleiro explicou que o proxecto, orzamentado en 1,5 millóns de euros, contempla sete salas de ensaio, un estudo de gravación e unha sala de usos múltiples, entre outros equipamentos.
Santi Domínguez subliñou no inicio das obras do complexo que esta é unha mostra da resposta do BNG ás demandas da cidadanía viguesa, neste caso da mocidade. "Temos arredor de 200 grupos musicais na cidade en lista de agarda por unhas instalacións nas que poder ensaiar, polo que hoxe estamos dando resposta ás necesidades de Vigo", explicou.
O tenente de alcalde expresou a súa satisfacción pola materialización do proxecto, xa que segundo explicou arredor de 2.000 mozos e mozas serán beneficiarios directos destas instalación e outros 10.000 beneficiarios indirectos, ao asistir aos concertos que se programen. "Nos queremos que os mozos e mozas vigueses deixen de desenvolver as súas inquedanzas por non ter un lugar no que poder ensaiar".
Santi Domínguez salientou esta nova infraestrutura "dá continuidade" a un proxecto que iniciou a súa andaina no ano 2000, cando era concelleiro de Xuventude. Ao respecto lembrou que ese ano, tras poñer en marcha o programa "Móvete con Vigo" e detectar as necesidades da mocidade viguesa abriuse o primeiro local de ensaio da cidade, cunha gran acollida entre os máis novos e novas.
Segundo o tenente de alcalde, con esta nova infraestrutura darase solución a esa forte demanda e como complemento aos equipamentos xa previstos no complexo, avanzou a súa intención de que esta infraestrutura conte no vindeiro mandato municipal tamén cun auditorio no que programar concertos "a disposición dos mozos e mozas da nosa cidade".
Por outra banda, Santi Domínguez dixo que a construción dos locais de ensaio exemplifica o traballo desenvolvido polo BNG no anterior goberno da Xunta, xa que ao carón dos futuros locais de ensaio se está construíndo un centro de día e unha galescola, "compromisos da Vicepresidencia de Igualdade e Benestar e da Concellería de Benestar Social de Vigo".
Finalmente, felicitou á concelleira de Xuventude, Iolanda Veloso, polo seu "importante traballo de poñer en marcha actividades e analizar as necesidades da mocidade", así como ao seu equipo, os técnicos municipais e a empresa construtora.
Iolanda Veloso, pola súa banda, salientou que é a primeira vez que a Concellería de Xuventude fai fronte a un reto como este, ao impulsar a construción dun equipamento que non existe no resto de Galiza, dirixido aos grupos musicais. Asegurou que se trata dun "proxecto innovador, feito con moito compromiso e ilusión, e que demostra que temos a sorte de contar con bos profesionais".
"É un día de moita ilusión porque é un proxecto importante que levou moito tempo de traballo e cada día está xa máis cerca de poder utilizarse", manifestou Iolanda Veloso. Destacou tamén que é unha infraestrutura "moi necesaria" dada a gran tradición musical da mocidade viguesa. Agradeceu, finalmente, o traballo do equipo da Concellería de Xuventude, en especial a Pilar Carneiro, así como aos arquitectos municipais.