O alcalde asegura que en 18 meses estará rematado o aparcadoiro soterrado do Areal e humanizada a súa superficie
O alcalde, Abel Caballero, e responsables da concesionaria Eloymar Tranvías asinaron este venres o acta de planteo que supón o inicio efectivo da construcción do aparcadoiro, que contará con 330 prazas. Tal e como aconteceu en Pintor Colmeiro, a construcción do parking rematará coa humanización en superficie do Areal. O tamaño do mesmo reduciuse debido aos restos arqueolóxicos aopados na zona.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asinou este venres con responsables da adxudicataria Eloymar Travías o acto de replanteo, que supón o inicio da construcción do aparcadoiro do Areal, de 18 meses de duración, e que rematará coa humanización da superficie da rúa.
Segundo indicou o alcalde vigués, as catas realizadas na zona atoparon restos arquelóxicos de interese para a súa conservación, o que supuxo unha reducción do tamaño do parking soterrado. Así, das 545 proxectadas inicialmente, o estacionamento soterrado sumará un total de 330 prazas, 64 delas reservadas para os residentes e outras 12 para discapacitados.
A superficie afectada polo aparcadoiro soterrado, de 5.164 metros cadrados ao igual que cada un dos dous sótanos, será humanizada ao remate da construcción, seguindo o modelo do xa rematado de Pintor Colmeiro.
O inicio dos traballos en Areal súmase ao aparcadoiro de Pintor Colmeiro -xa rematado e en funcionamento- e aos da Avenida de Castelao, Policarpo Sanz e Jenaro de la Fuente que están en marcha actualmente. O último aparcamento do lote concedido polo Concello, o de Rosalía de Castro, está nestes momentos en estudo arqueolóxico.
Descargar todas as imaxes