Escoitar
Anuncios de Mobilidade, Transportes e Seguridade

Peche ao tráfico das rúas Cañiza, Regueiro,Tarragona, María Berdiales, Real e Mantelas

venres, 5 mar 2010
- Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de humanización, a realizar pola
empresa CONSLAR, estará pechada ao tráfico a metade da rúa CAÑIZA, dende o luns 08 de marzo de 2010 ás 10:00 horas e por un período aproximado de oito semanas.

- Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de humanización, a realizar pola
empresa MOVEXVIAL, reduciranse o número de carrís na rúa REGUEIRO, treito entre A Cunqueiro e Gran Vía, dende o martes 09 de marzo de 2010 ás 10:00 horas e por un período aproximado de tres
meses.

- Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de humanización, a realizar pola
empresa MOVEXVIAL, estará pechada ao tráfico a rúa TARRAGONA, treitos entre Barcelona e Zamora, e entre Zamora e Gran Vía, con acceso exclusivo para garaxes, dende o martes 09 de marzo de 2010 ás 10:00 horas e por un período aproximado de tres meses.Os desvíos, debidamente sinalizados, establécense pola rúa Hispanidade.

- Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de canalización de gas, a realizar pola empresa GAS GALICIA, estará pechada ao tráfico a rúa MARIA BERDIALES, treito entre Hernán Cortés e Manuel Núñez, con acceso exclusivo para garaxes, dende o DOMINGO 07 de marzo de 2010 ás 10:00 horas e por un período aproximado dun día.

- Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de canalización de gas, a realizar pola empresa GAS GALICIA, estará pechada ao tráfico a rúa REAL, con Ribeira do Berbés, con acceso exclusivo para garaxes, dende o luns 08 de marzo de 2010 ás 10:00 horas e por un período aproximado dunha semana.

- Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de reparación de canalización de
saneamento, a realizar pola empresa AQUALIA, estará pechada ao tráfico a rúa MANTELAS, treito entre Gran Vía e Riobo, con acceso exclusivo para garaxes, dende o luns 08 de marzo de 2010 ás 10:00 horas e por un período aproximado de dous días.


Solicítase a máxima colaboración cidadá.