Escoitar

O goberno local aproba proxectos de humanización por máis dun millón de euros

Nestes días retómanse en Vigo as obras en marcha en distintas zonas da cidade, tal e como apuntou hoxe martes o rexedor quen explicou que os traballos de humanización reinicianse logo do parón das festas do Nadal. En rolda de prensa deu conta ademais da adxudicación de obras por valor de máis dun millón de euros.

martes, 7 xan 2014
As obras de humanización de Tomás Alonos e Camelias reiniciaránse logo do "parón" das festas navideñas e comezarán en Bouzas, segundo explicou hoxe o alcalde quen deu conta da aprobación na última Xunta de Goberno de 2013 da adxudicación de obras por valor de 1.157.000 euros.

Concretamente, refereriuse a Marqués de Valterra, cun orzamento de 177.000 euros; ao novo acceso a Navia, cun importe de 159.000 euros; así como aos traballos que se van a acometer na rúa Hispanidad, en Ferreiros, en Jenaro de la Fuente ou en distintas parroquias de Vigo.