Escoitar

Caballero compromete axuda a todas as persoas afectadas polas clásulas solo das hipotecas

A Oficiña Municipal de Consumo atendeu no 2013 preto dun centenar de peticións de asesoramento sobre as cláusulas solo, segundo explicou Caballero, quen esta mesma mañá mantivo un encontro con responsables de asociacións de afectados de varias localidades galegas. O alcalde garantiulles o apoio do Concello e avanzoulles a presentación dunha moción na que reclaman á Xunta implicación neste "abuso" que afecta a moitas persoas na nosa cidade.

martes, 7 xan 2014
1389115857hipoteca.JPG
O alcalde comprometeuse hoxe a axudar a todas as persoas de Vigo afectadas pola cláusula solo das hipotecas, "un abuso" que afecta a moitos cidadáns na cidade. Caballero, quen esta mañá mantivo un encontro con representantes de varias cidades da Plataforma de afectados pola cláusula solo, anunciou a presentación no Pleno de mañá dunha moción que instará á Xunta "para que tome en serio" un problema que afecta a moitas persoas que se están vendo afectadas por unha cláusula "nula de pleno dereito".

Durante a rolda de prensa, Caballero reiterou que o goberno local "vai defender os dereitos dos cidadáns ao igual que o fai no caso dos desafiuzamentos". A este respecto, engadiu que se trata de temas vencellados porque o incremento no custo que supón esta cláusula imposibilita a moitos cidadáns pagar a súa hipoteca. O rexedor destacou que no 2013 os servizos da Oficiña Municipal de Consumo atenderon preto dun centenar de reclamacións sobre este tema. Os servizos xurídicos do Concello proporcionan un formulario tipo para que presenten na propia entidade financeira o, no seu caso, no Banco de España.

Ademais, o alcalde anunciou un encontro co xuíz decano de Vigo así como contactos co Tribunal Superior de Xustiza de Galicia para coñecer como se van tramitar estas demandas que van ser "unha avalancha" xa que os bancos, criticou, levan estes problemaos á vía mercantil para que os procesos se demoren varios anos.
Descargar todas as imaxes