venres, 10 xaneiro 2014

O alcalde afirma que "se a pesca en Vigo faltara non saberíamos sobrevivir"

venres, 10 xan 2014

Abel Caballero destacou hoxe a importancia da pesca no emprego e na industria de Vigo durante a presentación do libro El sector pesqueiro en Vigo: evaluación do seu impacto socioeconómico, que tivo lugar esta mañá nas instalacións da Autoridade Portuaria. Durante a súa intervención, transmitiu a súas felicitacións ao autor do estudo, Javier Touza.

O Concello espera acadar os 15.000 participantes nas carreiras populares de 2014

venres, 10 xan 2014

A sexta edición do Circuíto Cidade de Vigo de carreiras populares, que comeza este domingo no Calvario (III Correndo por Vigo) e rematará o 21 de decembro na Alameda (LIII Gran Premio Pedestre de Nadal) contará co número máis elevado de probas da súa historia, dez, incluirá a Media Maratón de Vigo, como anunciara o pasado ano o alcalde da cidade, Abel Caballero, na presentación da edición anterior, e espera que a febre polas carreiras en ruta some 15.000 participantes nas probas de 2014.

Corte de tráfico con motivo da carreira "Correndo por Vigo"

venres, 10 xan 2014

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor do evento 3ª EDICIÓN DA CARREIRA CORRENDO POR VIGO, estarán pechadas ao tráfico as rúas do percorrido: Urzaíz (entre Choróns e Toledo), Pizarro, Travesía de Vigo (cara a Teis), Aragón (sentido Calvario), Urzaíz (até Jesús Fdez), Portela, Palencia, Sagunto, Urzaíz. , con acceso exclusivo para garaxes, o DOMINGO 12/01/2014 dende as 10:30 até as 13:00 horas.

ANUNCIO de Tráfico

venres, 10 xan 2014

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de humanización na rúa Tomás Alonso, establécese sentido único nas rúas: ALFREDO BRAÑAS (cara a Eduardo Cabello) e PEDRO DEL PAZO (cara a Covadonga), dende o luns 13/01/2014 ás 10:00 horas e por un período aproximado de dous meses.