Programación do Museo Liste-Etnográfico de Vigo e CAT para o primeiro trimestre
O Museo Liste-Etnográfico de Vigo e o Centro de Artesanía Tradicional (CAT), xestionados pola Fundación Liste coa colaboración da Concellería de Cultura e Festas, presenta a súa programación para o primeiro trimestre do ano, que contará coa exposición permanente, exposicións temporais, obradoiros, talleres e actividades especiais.
Dentro das exposicións temporais, "Hijas de J. Nieto: un oficio singular, fabricantes de símbolos", é un percorrido a través do proceso de elaboración dos selos de caucho máis representativos da industria viguesa e da súa área de influencia; "Con pés e cabeza", exposición itinerante que conta con máis dun cento de pezas entre tocados para cubrir cabeza e calzado, que se atopa no Castelo de Sobroso (Ponteareas); "Un baleiro útil", con pezas de madeira escavada procedente de diversos países; "Vedacións", mostra fotográfica que ilustra sobre diversas formas de delimitar as propiedades privadas; "Retretes", baseada nas variadas solucións hixiénicas de antano; "Con outro enfoque", exposición de fotografías realizadas por José Luís Gómez Márquez.
Ademais, a visita á exposición permanente contará cunha serie de actividades complementarias: "Na compaña do home", escolma de pezas que nos van descubrir a importancia de determinados obxectos, e "Os xoguetes esquecidos".
En canto ás actividades do ciclo anual haberá: "A Candelaria", pequeno obradoiro de contrucción de velas, "O Entroido", e "A Reconquista". Tamén se ofertarán os obradoiros "A muda" e "Instrumentos humildes".
No tocante ao CAT, ofertará a exposición permanente de cestería coa actividade complementaria "E o que non son os cestos?", percorridos urbanos polo barrio histórico da cidade e os encontros "Faladoiros artesáns", que nacen coa intencionalidade de protexer e divulgar os oficios artesanais. Ademais, realizarase o curso de iniciación á cestería en colmo. Por último, faise a terceira convocatoria para a selección de traballos artesáns para "O escaparate".
Descargar todas as imaxes