Escoitar

O Pleno insta á Xunta a mediar na devolución do cobrado irregularmente nas cláusulas solo hipotecarias

Todos os grupos políticos coincidiron hoxe á hora de esixir á Xunta a usar o Instituto Galego de consumo para mediar na devolución do cobrado irregularmente nas clásulas solo hipotecarias. O PSOE presentou unha moción, que se aprobou cunha engádega do BNG, na que reiteran que os tribunais declararon de abusivas estas cláusulas.

mércores, 8 xan 2014
A unanimidade do Pleno instou hoxe á Xunta de Galicia a mediar en favor dos cidadáns, premendo a todas as entidades financeiras a aplicar a sentenza de 9 de maio na que se declaran abusivas as cláusulas suelo. O texto da moción socialista solicita, non so que deixen de cobrar desde a publicación da decisión xudicial, senón que devolvan íntegramente o cobrado de xeito irregular desde o inicio da hipoteca, aplicándolle os xuros de mora correspondentes. O concelleiro socialista David Regades aceptou unha enmenda de engádega dos nacionalistas instando a que no artigo 87 da lei xeral para a defensa dos consumidores e e usuarios se delimite claramente o supostos nos que se concreta o abuso por falta de reciprocidade.

Outra das mocións socialistas aprobadas na sesión plenaria desta mañá, neste caso cos votos de PSOE e BNG, solicita ao Consorcio Galego de Servizos que atenda ás peticións realizadas polo Concello de Vigo e colabore económicamente no funcionamento do Centro de Emerxencias para maiores vítimas de violencia de xénero.

Tamén cos votos de socialistas e nacionalistas, o Pleno deu luz verde a outra moción do grupo de goberno sobre abastecemento enerxético. A tenenente de alcalde, Carmela Silva, defendeu un texto que insta á Xunta a adoptar de xeito urxente as medidas legais que garantan o abastecemento mínimo de suministros enerxéticos para as persoas coas rendas máis baixas. Durante o debate, a responsable socialista aceptou unha enmeda de engádega do BNG que solicita ao goberno do Estado español que permita a creación dunha tarifa eléctrica galega que, atendendo á condición de Galicia como excendentaria na producción de electricidade, posibilite unhas menores tarifas tanto para o consumo doméstico como para as empresas.