Todos os grupos políticos acordan actualizar o Plan de Emerxencias Municipal
PP, PSOE e BNG decidiron actualizar o Plan de Emerxencia Municipal dando luz verde a unha moción do PP na que tamén aboga por afondar na coordinación e colaboración entre as distintas áreas e institucións.
Todos os grupos políticos aprobaron hoxe instar ao goberno municipal a actualizar o Plan de Emerxencia Municipal, poñendo en marcha actuacións preventivas, simulacros, probas de prevención de riscos ou calamidades públicas. Outra das mocións populares aprobadas na sesión plenaria desta mañá, neste caso cos votos favorables de PP e BNG, pide ao goberno local a que no prazo dun mes presenten unha proposta de orzamento para o ano 2014. Por último, cos votos do PP e as abstencións do resto dos grupos, deuse luz verde a unha última moción, neste caso defendida por Teresa Cendón, na que insta ao goberno municipal a elaborar un convenio coa Consellería de Medio Rural e do Mar para a loita contra a praga das palmeiras, así como un estudo e censo do número de exemplares existentes na cidade.
Pola súa banda, o BNG obtivo o respaldo do resto dos grupos nunha moción na que solicita a creación dun novo bono para o servizo de autobús urbano para os parados de longa duración. O edil responsable a área de Transporte, David Regades, alertou durante o debate do elevado custo desta iniciativa e supeditou a súa implantación ao seu encaixe no próximo documento de orzamentos.