Escoitar

O Concello estudará a semipeonalización de Churruca atendendo a veciños e hosteleiros da zona

Abel Caballero avanzou hoxe a posiblidade de que o Concello semipeonalice a zona de Churruca, atendendo as peticións de veciños e hosteleiros da zona. As obras de humanizacion das rúas Martín Códax, Iglesias Esponda, Irmandiños e Rogelio Abalde, que contan cun orzamento superior ao medio millón de euros, rematarán no mes de xaneiro.

martes, 2 set 2014
1409662557churruca.JPG
O alcalde anunciou hoxe que, respondendo ás peticións de veciños e hosteleiros da zona, o Concello estuda a posiblidade de semipeonalizar Churruca, aproveitando as obras de humanización que se están a realizar nas rúas Martín Códax, Iglesias Esponda, Irmandiños e Rogelio Abalde. Durante a visita ao inicio destes traballos, Caballero apuntou que o maior problema desta área, ademais do mal estado do pavimento, é a aglomeración de tráfico, polo que desde as concellerías de Fomento e Tráfico están a traballar para buscar a solución máis idónea a esta situación.

A mellora destas rúas, que rematará en xaneiro e conta cun importe superior ao medio millón de euros, suporá a renovación de todas as beirarrúas, 350 metros de saneamento, a colocación de 19 puntos de luz e de 6 xardineiras. Trátase, dixo, de facer unha humanización adaptada ao ámbito de ocio e hostelería da zona.


Descargar todas as imaxes