Escoitar

O goberno local subvenciona con 37.000 euros a actividade cultural do Instituto de Estudios Vigueses

Abel Caballero deu conta esta mañá da aprobación dun convenio de colaboración por importe de 37.000 euros co Instituto de Estudios Vigueses. Na mesma sesión de Xunta de Goberno Local tamén se aprobou a adxudicación de 40.525 euros para entidades sociais, sen ánimo de lucro.

martes, 2 set 2014
Na última Xunta de Goberno, deuse luz verde a un convenio de 37.000 euros co Instituto de Estudios Vigueses para o fomento da actividade de investigación histórica e divulgativa. En declaracións aos medios, o rexedor destacou que esta entidade, á que o Concello tamén lle cede o local, non recibe apoio de ningunha outra administración nin de privados.

Por outra banda, o goberno local tamén aprobou a adxudicación de 40.525 euros para cooperar co funcionamento de 32 entidades sociais sen ánimo de lucro. A este respecto, matizou que moitas destas asociacións tamén reciben outros apoios municipais como a cesión do local ou a esponsorización de eventos ou reunións, entre outras moitas actividades.