O servizo de socorrismo realizou unha media de 110 actuacións ao día desde o 15 de xuño
O concelleiro de Medio Ambiente en funcións, Carlos López Font, avanzou hoxe que o servizo de socorrismo municipal realizou un total 8.417 actuacións at a o 31 de agosto, cunha media de 110 ao día. Tal e como explicou, trátase dun "bo" servizo, que se complementa coa acción da Policía Local e que se vertebra en treis eixos: prevención, vixiancia e actuacións concretas.
O balance do servizo de socorrismo en Vigo desde o 15 de xuño ata o 31 de agosto é de 8.417 actuacións, o que deixa unha media diaria de 110. O concelleiro de Medio Ambiente en funcións, Carlos López Font, cualificou estes datos de positivos, resaltando a boa coordinación que existiu co servizo de Costa e Praia da Policía Local. Este servizo de prevención, vixiancia e actuación realízase en dez praias, das que oito están no termo municipal de Vigo (Fortiñón, Canido, Vao, Fontaíña, Samil, Argazada, Tombo do Gato, A Punta) e outras dúas en Cíes (Rodas e Figueiras).
O responsable municipal comezou destacando os medios humáns deste servizo, formado por un coordinador, 4 responsables directos de servizos, 2 diplomados universitarios en Enfermería, 2 conductores de ambulancia, 2 socorristas acuáticos, 2 patróns de embarcacións e 60 socorristas para que en cada tanda traballen polo menos 43.
Respcto do equipamento, os profesionais contan cunha ambulancia, tres postos centrais de primeiros auxilios e atención sanitaria totalmente equipados en Samil, Vao e Rodas; 3 módulos de socorrismo acuático en Samil, Vao e Fortiñón; 5 módulos de primeiros auxilios equipados en Argazada, Canido, Fontaíña, Tombo do Gato, A Punta; e 9 torres equipadas con material de vixiancia, prevención e rescate acuático, segundo o prego de condicións que rixe o contrato. Segundo Font, este servizo de socorrismo é un dos factores que permiten a Vigo non só contar con 11 bandeiras azuis, senón mantelas, que é aínda máis difícil, puntualizou. Aproveitou este balance para felicitar aos profesionais que desempeñan este servizo.
Intervencións:
-Feridas: 1656
-Picaduras de insecto e fanecas: 1601
-Outras atencións sanitarias leves: 785
-Golpes e contusións: 270
-Menores extraviados: 153
Asistencias sanitarias que destacan pola súa gravidade:
-Evacuacións en ambulancia a centros sanitarios: 71
-Rescates no medio acuático: 7
-Queimaduras: 84
-Insolación / Golpe de calor: 6
-Paros cardíacos con RCP: 1
Actuacións das embarcacións de vixiancia e rescate:
-Accións preventivas ante saltos desde pontes ou rocas: 39
-Accións preventivas por usuarios alonxados da zons de baño: 56
-Coberturas de seguridade en eventos náuticos: 3
-Atención a embarcacións por infraccións ou axudas á navegación: 33
-Actuacións ante usuarios pescando dentro da zona restrinxida de baño: 14
Total actuaciones contabilizadas con las embarcaciones de servicio: 177
Descargar todas as imaxes