mércores, 3 setembro 2014

O goberno local aproba provisionalmente a adxudicación da concesión do antigo restaurante Jonathan na praia de Samil que será compatible coa recuperación das dunas<br />

mércores, 3 set 2014

Carmela Silva, tenente de alcalde, avanzou esta mañá que a Xunta de Goberno local aprobou onte de forma provisional o proxecto para a adxudicación da concesión do antigo restaurante Jonathan que será "un grandisimo proxecto, respetuoso co medio ambiente, totalmente accesible e perfectamente compatible con calquera proxecto de rexeneración integral da praia de samil e as suas dunas".

Caballero reitera a importancia dos intérpretes para as mulleres vítimas de violencia de xénero

mércores, 3 set 2014

Os días 25 e 26 de setembro, expertos de sete universidades españolas daránse cita en Vigo para participar no I Congreso Internacional SOS Vics, un evento da "maior importancia" porque ten como obxectivo facilitar a comunicación de vítimas de violencia de xénero con xuíces ou policías, xa que un número moi importantes destas mulleres ten moitas dificultades de comunicación.

Caballero analiza a situación económica da cidade cos novos responsables do Banco Santander en Vigo

mércores, 3 set 2014

Abel Caballero mantivo esta mañá un encontro protocolario cos novos responsables do Banco Santander no que aproveitaron para "pasar revisión á situación e actividade económica da cidade". Tal e como explicou o rexedor, os directivos amosaronse moderadamente optimistas co futuro do naval e da automoción, ao tempo que lle trasladaron a intención de facilitar máis crédito ás pemes.