Escoitar

O goberno local aproba provisionalmente a adxudicación da concesión do antigo restaurante Jonathan na praia de Samil que será compatible coa recuperación das dunas<br />

Carmela Silva, tenente de alcalde, avanzou esta mañá que a Xunta de Goberno local aprobou onte de forma provisional o proxecto para a adxudicación da concesión do antigo restaurante Jonathan que será "un grandisimo proxecto, respetuoso co medio ambiente, totalmente accesible e perfectamente compatible con calquera proxecto de rexeneración integral da praia de samil e as suas dunas".

mércores, 3 set 2014
A tenente de alcalde fixo unha valoración do proxecto que inicialmente e de maneira provisional foi aprobado na Xunta de Goberno para a adxudicación do antigo restaurante Jonathan na praia de Samil. Este proxecto contempla unha proposta de inversión de 1,5 millón de euros, e a través do canon correspondente, suporá uns ingresos para o Concello de Vigo superiores ao millon de euros. En verbas de Silva, este novo espazo "sera totalmente respetuoso co medio ambiente e totalmente accesible", puntos que foron determinantes na valoración por parte do goberno municipal, puntualizou. O documento prevé a existencia de 20 aseos, dos que 5 terán acceso directo dende o exterior do edificio, e 2 estarán epecialmente adaptados para persoas con mobilidade reducida.

En declaracións aos medios, Carmela instou ao goberno de España a levar a cabo o proxecto de rexeneración integral do areal vigués, tal e como estaba proxectado xa que esta construcción "é perfectamente compatible con calquera proxecto de rexeneración que se contemple". Asimesmo, quixo destacar tamén a rexeneración do entorno que se produciu tras a decisión do derrubo do restaurante As Dornas, así como as accións desenvolvidas na praia de O Vao polo na que "a día de hoxe as dunas están xa totalmente recuperadas".

Por último, a tenente de alcalde tamén deu conta dun informe do director dos servizos técnicos de Urbanismo referente as solicituddes da Xunta de Galicia para a canalización subterranea para o subministro eléctrico do novo hospital e que concluúe que non hai motivos legais para non acceder ao solicitado. Carmela quixo salientar que "o único que está a facer o Concello neste asunto é cumplir escrupulosamente coa legalidade tal e como fai sempre este goberno municipal", aclarou.