xoves, 4 set 2014
No segundo trimestre do 2014 o periodo medio de pago do Concello de Vigo foi de 15,63 días, a metade, aproximadamente, do que impón a leí que establece as medidas contra a morosidade. Así o explicou esta mañá a tenente de alcalde e concelleira de Facenda, Carmela Silva, quen engadiu que é o periodo de pago máis baixo desde a entrada en vigor da lei en 2010 "e desde logo, de toda a historia do Goberno local". <br />
xoves, 4 set 2014
Os votos de PSOE e PP permitiron aprobar as contas xerais relativas o exercicio de 2013, unhas cifras que, en verbas da concelleira de Facenda, Carmela Silva, "permiten falar dunha economía saneada, con liquidez, cunha débeda que ao final do mandato vai estar arredor do 12,5% e un nivel de execución orzamentaria histórico". Así o defendeu durante unha intervención na que atribuiu esta boa situación a que Vigo ten "un goberno responsable ao servizo dos cidadáns". <br />
xoves, 4 set 2014
Os votos de PSOE e BNG permitiron aprobar unha moción socialista que solicita a construcción do centro de saúde de Bouzas e a paralización do desmantelamento do de Beiramar. O texto lembra que a Xunta dispón dos terreos para a construcción do centro de saúde desde 2008.
xoves, 4 set 2014
BNG e PSOE reclaman a Xunta que cubra a praza de reumatoloxía pediátrica que deixou de funcionar en Vigo no mes de maio, cun profesional con formación e experiencia. O texto esixe que se garanta a calidade asistencial que reclaman os pacientes con esta doencia. <br />
xoves, 4 set 2014
Os votos do PP deron luz verde na sesión plenaria deta mañá a unha moción que reclama a adopción da decisión de recuperar as casetas de información turística en lugares emblemáticos da cidade e nas terminais dos transportes colectivos. A proposta contou coa abstención dos grupos socialista e nacionalista.