Escoitar

PSOE e BNG reclaman a construcción do centro de saúde de Bouzas e a paralización do peche do de Beiramar

Os votos de PSOE e BNG permitiron aprobar unha moción socialista que solicita a construcción do centro de saúde de Bouzas e a paralización do desmantelamento do de Beiramar. O texto lembra que a Xunta dispón dos terreos para a construcción do centro de saúde desde 2008.

xoves, 4 set 2014
PSOE e BNG uniron esta mañá os seus votos para reclamarlle á Xunta que continúe cos traballos precisos para dotar no menor prazo posible de tempo o centro de saúde planificado e necesario na zona de Bouzas. Na mesma moción socialista tamén se insta ao goberno autonómico a que paralice o desmantelamento do centro de saúde de Beiramar, que na actualidade tamén ofrece servizo á zona de Bouzas o que obrigaría a grandes desprazamentos aos pacientes.

Socialistas e nacionalistas tamén deron luz verde a outra moción socialista, neste caso para solicitar á Xunta interlocución directa para conocer o número de dependientes que hai en Vigo na actualidade. O texto defendido pola concelleira de Benestar Social, Isaura Abelairas, tamén esixe igualdade de trato e proporcionalidade nas achegas da Xunta ao Plan Concertado, en relación ao resto dos concellos de Galicia. Concretamente, a moción pide unha explicación motivada do reparto efectuado efectuado entre os distintos municipios , así como os criterios utilizados para esas asignacións. Durante o debate, aceptouse unha engádega do BNG na que se solicita o recoñecemento da prestación e que se faga efectiva de xeito inmediato a todas as persoas con grao de dependencia, de xeito que se remate cos recortes nas prestacións.

Outra moción socialista que se aprobou na sesión plenaria desta mañá, tamén co apio do BNG, solicita unha modificación lexislativa que permita o adianto da idade de xubilación dos policías locais. Con este obxectivo, dirixen esta petición á Secretaría de Estado da Seguridade Social, á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio da Seguridade Social e a FEMP que asuman este compromiso para trasladalo ao Congreso dos Deputados.