martes, 2 set 2014
Abel Caballero deu conta esta mañá da aprobación dun convenio de colaboración por importe de 37.000 euros co Instituto de Estudios Vigueses. Na mesma sesión de Xunta de Goberno Local tamén se aprobou a adxudicación de 40.525 euros para entidades sociais, sen ánimo de lucro.
martes, 2 set 2014
O alcade de Vigo, Abel Caballero, mantivo esta mañá unha reunión con representantes da Asociacion Galega de Familias Numerosas -AGAFAN- para trasladarlles as importantes vantaxes nas tasas e servizos municipais das que poden beneficiarse. O rexedor, ademáis, comprometeu a cesión dun local para esta asociación así como apoio para a celebración de diferentes actividades que teñen previsto facer na cidade e que terán o seu colofón nun encontro de famlilias numerosas procedentes de toda Galicia.
martes, 2 set 2014
O alcade reuniuse esta mañá con representantes da organización do torneo que se celebra con motivo do Día da Policia e co que o goberno municipal leva cinco anos colaborando. O Concello cederá de balde o Pavillón Municipal de As Travesas.<br />