As familias numerosas de Vigo gozan de importantes beneficios e exencións nas taxas municipais
O alcade de Vigo, Abel Caballero, mantivo esta mañá unha reunión con representantes da Asociacion Galega de Familias Numerosas -AGAFAN- para trasladarlles as importantes vantaxes nas tasas e servizos municipais das que poden beneficiarse. O rexedor, ademáis, comprometeu a cesión dun local para esta asociación así como apoio para a celebración de diferentes actividades que teñen previsto facer na cidade e que terán o seu colofón nun encontro de famlilias numerosas procedentes de toda Galicia.
O rexedor municipal nunha reunión mantida esta mañá con representantes de AGAFAN quixo mostrar persoalmene "a nosa simpatía e o noso apoio", ademais de trasaladarlles as novidades nas exención fiscais das que se poden beneficiarse, entre as que destacan, a exencion no Imposto de Bens Inmobles de ata o 90% en función da renda familia,r asi como a excención total de tasas para diferentes servicios para as familias con ingresos brutos anuais inferiores a 6.155 euros.
En verbas de Caballero isto amosa a sensiblidade do goberno local coa "especial situación de dificultade na que se atopan estás familias".Quixo salientar, ademais, que "eu mesmo procedo dunha famlila numerosa e por tanto son consciente das necesidades de este colectivo".
Descargar todas as imaxes