Escoitar

O Pleno aproba a Conta Xeral do Concello de Vigo e os seus organismos autónomos de 2013<br />

Os votos de PSOE e PP permitiron aprobar as contas xerais relativas o exercicio de 2013, unhas cifras que, en verbas da concelleira de Facenda, Carmela Silva, "permiten falar dunha economía saneada, con liquidez, cunha débeda que ao final do mandato vai estar arredor do 12,5% e un nivel de execución orzamentaria histórico". Así o defendeu durante unha intervención na que atribuiu esta boa situación a que Vigo ten "un goberno responsable ao servizo dos cidadáns". <br />

xoves, 4 set 2014
"O Concello de Vigo, a día de hoxe ten unha situación económico-financeira, envidiable, con todas as variables e magnitudes favorables, saneada, con alta liquidez, cun prazo de pagamento envidiable, cunha débeda que ao final do mandato vai estar ao redor do 12,5%, cun baixo volume de débeda financieira e cun nivel de execución orzamentaria histórica. Nunca se tiña executada un nivel tan alto". Estas son as verbas da concelleira de Facenda, Carmela Silva, durante a súa presentación da Conta Xeral do Concello de Vigo e dos organismos autónomos, correspondente a 2013, un documento que contou co voto favorable do PP e en contra do BNG.

​Na súa opinión, esta situación é froito do esforzo, da redución dos custos do servizo de débeda, da planificación, pero, sobre todo, de saber o que se quere para a cidade: máis servizos, máis investimentos, rebaixa e conxelación de impostos, máis seguridade xurídica, en resumo, "un goberno responsable ao servizo dos cidadáns", apostilou.

​Coa boa xestión económica orzamentaria e cos aforros xerados, apuntou, puidemos adicar as políticas de Benestar Social, máis recursos, pasadno de 5,6 millóns do ano 2007 aos 9,4 millóns do ano 2013. Pódense establecer como beneficiarios destas políticas sociais, os nenos dos colexios con menos recursos, cun aumento en Becas de comedor e Libros de texto, que se pasou de 400 mil euros a casi 2 millóns de euros no ano 2013. O mesmo está a acontecer coas axudas a comedores sociais, que no ano 2013 ascenderon a un millón de euros, "en tempos pasados, estas políticas de axudas eran testimoniais".

​Fixo referencia a posta en funcionamento do centro de servizos sociais cun custo de 700 mil euros ano, "e viu a dar resposta a un grave problema que ata agora ningún goberno lle había posto solución". Proseguíu a súa intervención, aludindo ao programa de 3 millóns de euros de axuda aos máis necesitados, que agora no ano 2014 vai ter unha aplicación en axudas a alugueiros, comida e necesidades enerxéticas das familías mais necesitadas. Destacou tamén as axudas aos usuarios ao transporte público. No ano 2007 se adicaban 5,6 millóns. No ano 2013, 11 millóns, e no ano 2014, 12 millóns.

​Tendo en conta a situación de crise, engaidu, unha das apostas do goberno, foron as axudas á creación de emprego, así, o custe dos programas de emprego pasaron de 2,3 millóns do ano 2007 a 5,2 millóns no ano 2013. O que hai que engadir o importante número de empregos que se crean con as políticas Keynesianas que desenvolvemos.

.Outro dos avances importantes en políticas sociais ao que se referiu son os de educación, con novas garderías infantís e máis gasto educativo, que ven a suplir os recortes da Administración Estatal e Autonómica. Pasouese dun gasto en politicas educativas dos 7,1 millóns do ano 2007 aos 10,6 millóns do ano 2013, puntualizou.

​As políticas de participación cidadá tamén foron das beneficiadas como consecuencia desta mellor xestión, coas axudas ás AA.VV, novos centros cívicos, axudas contra crise, etc, pasouse dos 1,2 millóns do ano 2007 aos 5,1 do ano 2013. Tamén nas áreas de Cultura, Xuventude, Museos ou Bibliotecas se fixo un gran esforzo, adicandolle 8,1 millóns de euros.

Os arranxos e mantemento do sistema viario da cidade, tivo nese período un crememento de máis de 3 millóns de euros. Sen ter en conta as políticas de investimento en melloras nas humanizacións, os recursos orzamentarios adicados ao mantemento da rede viaria urbana, pasou de 2 millóns a 5.